Educación
Educación +
Axenda Educación

![]() |
O Concello de Soutomaior convoca un curso de linguaxe de signos nivel A1.1. no marco da rede estatal de ensinanzas da Lingua de Signos da Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE), seguindo unha organización curricular e pedagóxica acorde á filosofía do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. O curso será impartido por persoal especializado da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia desde o 22 de marzo ata o 26 de abril de 2021. Vai dirixido a persoas con idades a partir dos 16 anos que teñan interese en aprender esta lingua.
Impartirarase na modalidade de formación a distancia a través da plataforma SignoCampus.
A plataforma estará en funcionamento as 24 horas do día ao longo de todo o curso, sábados, domingos e festivos incluídos. Non hai que conectarse a ningunha hora concreta para clases ou titorías pero que si hai uns tempos marcados para preparar os contidos e entregar os vídeos de cada unidade que haberá que superar para obter o diploma acreditativo expedido pola FAXPG e homologado pola Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) e pola Concellería de Educación do Concello de Soutomaior.
Os contidos serán os básicos e estarán distribuídos en 3 módulos:
MÓDULO 1:
. Saudar e responder saúdos
· Presentarse aos demáis
· Preguntar cómo se atopa alguén
· Rematar unha conversa e despedirse
· Usar o signo persoal
· Pedir unha aclaración cando non entende algo.
· Deletrear o alfabeto dactilolóxico
· Usar os pronomes persoais
· Signar os números do un o trinta.
MÓDULO 2:
· Signar sobre a familia
· Describir a casa
· Signar o que está a facer
· Signar as cores
· Chamar a atención dunha persoa xorda
· Solicitar unha aclaración cando non entende algo.
· Preguntar
MÓDULO 3:
· Signar sobre o traballo
· Signar sobre os estudos
· Signar o que está a facer
· Agradecer e felicitar
· Coñecer o concepto e a diversidade das persoas xordas
· Usar a negación.
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse en liña desde o día 25 de febreiro ata o 15 de marzo de 2021 na web: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal/vista-mensual/eventodetalle/2472/curso-linguaxe-de-signos-espanola.
Educación
05-05-2023 / Educación (Divulgaciencia)
Pechamos unha nova edición de Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia que celebramos onte en Talo Río. Media centena de alumnos e alumnas expuxeron os seus proxectos e outros tantos participaron nas múltiples visitas guiadas que se celebraron ao longo do día. Ademais, houbo tempo para entregar felicitar aos premiados e para un espectáculo científico que deixou a todos anonadados. Desta forma...
02-05-2023 / Educación (Divulgaciencia)
Soutomaior presenta a II Feira de Ciencia que terá lugar o xoves 4 de maio en Talo Río (carpa) durante todo o día desde as 10.00 h. Ao longo da...
02-05-2023 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar...
14-04-2023 / Educación (Divulgaciencia)
Un ano máis, o alumnado do noso Concello estase achegando ao mundo da ciencia grazas ao programa Divulgaciencia. Hoxe tocoulle o quenda aos alumnos e alumnas do IES Soutomaior, que...
06-03-2023 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...
10-02-2023 / Educación (Divulgaciencia)
Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...
04-12-2022 / Educación
Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...
12-08-2022 / Educación
O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...
Educación +