fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 18 Novembro 2021 17:52

Capacidades, Si Moitas!

Capacidades, Si Moitas!

Un programa para redefinir capacidades desde as diversidades, para a concienciación sobre a diversidade funcional organizado pola Concellería de Educación do Concello de Soutomaior en colaboración con ASSEI_Asociación sociosanitaria de enfermidades inflamatorias intestinais e ostomizadas,  ONCE_ Grupo Social ONCE na área de ONCE no Consello Territorial de Galicia,  XUNTOS_Asociación de Síndrome de Down, AMIZADE_ Asociación de persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra e BATA_ Asociación Autismo.

Todas estas entidades participarán na mesa coloquio que terá lugar o xoves 2 de decembro no auditorio do Multiúsos en Arcade para falar sobre inclusión e diversidade en primeira persoa, desde a realidade do día a día a través da exposición de experiencias e dos proxectos desenvolvidos coas persoas que conforman estas entidades. Unha presentación que dará lugar a unha actividade máis participativa e dinámica "Falan as cristaleiras do Multiúsos" para que todas as persoas asistentes poderán reflexionar creativamente sobre estas cuestións, expoñendo as súas ideas a través de textos ou debuxos que integren todas as realidades. O resultado estará exposto durante uns días para que aquelas persoas que non puideron acudir ao evento pois achegarse e ver os resultados. O mural será realizado con Posca e participarán, ademais das persoas asistentes e das persoas representantes das entidades, o alumnado xuvenil da Escola Municipal de Debuxo e Pintura, a súa mestra Belén Veleiro e o artista local Fabián Piñeiro. 

As actividades desta xornada van dirixidas a todas as idades e públicos.  A actividade comezará ás 17 h e rematará aproximadamente ás 19 h.

E, para completar o programa o domingo 5 de decembro de 11 a 13.30 h propoñemos un Roteiro Sensorial por Arcade.Deseñado para falar da integración e adaptación da diversidade funcional no día a día. Por medio de diferentes situacións nas que os sentidos xogaran un papel moi importante, o noso percorrido terá outra visión, outro tacto, outro cheiro, outras formas de relacionarnos co entorno e coas demais persoas. Destinado a público xeral de todas as idades. No roteiro haberá que inscribirse previamente  en liña na web Inscricións en LIÑA (gabinetesoutomaior.com) e como data límite ata o 30 denovembro porque as prazas serán limitadas. 

Coñecer a realidade e fortalezas das personas con  "discapacidade" e aprender a identificar cales son os obstáculos aos que se enfrontan cada día estas persoas con diversidade funcional, as diferentes formas que teñen de superaras, as súas inquedanzas, o que as motiva e o que todos e todas podemos facer da comunidade un espazo máis integrador é moi importante. De aí que desde o Concello de Soutomaior continuemos cunha nova edición deste programa que cada ano vai variado e no que se inclúe unha oferta variada de actividades a través das cales poder coñecer, experimentar, comprender e actuar antes a diversidade de realidades e para saliantar os esforzos das persoas e entidades que traballan día a día por e coas persoas. Aproveitando tamén para conmemorar o día 3 de decembro de conmemora o Día Internacional da "Discapacidade".

 


Publicado en Ensino
Visto 513 veces