fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 06 Abril 2022 10:40

Soutomaior celebrará a súa propia Feira do Libro os días 22 e 23 de abril!

Soutomaior celebrará a súa propia Feira do Libro os días 22 e 23 de abril!

Soutomaior celebrará os días 22 e 23 de abril a súa primeira Feira do Libro.

Trátase dunha iniciativa que leva anos preparándose , pero que a pandemia non deixara desenvolver e que agora por fin converterase en realidade. O  Concello puxo todo o seu empeño en que esta primeira edición sexa un gran éxito. Para iso, organizou coidadosamente todos os detalles e propúxose contar cos mellores invitados.

A pesar de que a programación completa da feira irase coñecendo ao longo desta semana, xa se sabe que acudirán ao evento representantes das principais editoriais galegas. Ademais, organizáronse unhas sesións de firma de libros con algúns dos escritores e  das escritoras que acudirán á Feira. Tampouco faltarán os coloquios literarios, os  obradoiros, as sesións de contacontos e a animación tanto para maiores como para cativos e cativas.

O obxectivo é que, durante os dous días que dura a feira, a Alameda de Tallo Río rebose literatura, creatividade e moita paixón pola lectura.

Xa podedes reservar os días 23 e 24 de abril nas vosas apertadas axendas!


Publicado en Soutomaior de Libro
Visto 793 veces