Ensino
Ensino +
Axenda Ensino

O día 5 de maio celébrase a Feira da Ciencia na Alameda de Talo Río, unha iniciativa que se encadra dentro do programa Divulgaciencia e que permitirá ao estudantado de ESO e Bacharelato do IES Soutomaior e do Colexio Santiago Apóstol á veciñanza de Soutomaior os seus proxectos científicos. Para iso, ademais de talleres e actividades para o público xeral, os estudantes montarán stands onde poderán explicar ou seu proxecto ao todo o que se achegue co fin de divulgar o traballo realizado; interactuando co público, resolvendo dúbidas e comentando os resultados obtidos, así como, curiosidades do proceso levado a cabo.
O obxectivo é fomentar a vocación científica e o espírito emprendedor da mocidade, ademais de permitirlles desenvolver todas as súas capacidades a través da realización dun traballo que finalmente será presentado en sociedade.
O prazo para inscribirse como participante termina o día 21 de abril. Os grupos poden apuntarse a través da seguinte ligazón. t.ly/4CN4
Ensino
05-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Pechamos unha nova edición de Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia que celebramos onte en Talo Río. Media centena de alumnos e alumnas expuxeron os seus proxectos e outros tantos participaron nas múltiples visitas guiadas que se celebraron ao longo do día. Ademais, houbo tempo para entregar felicitar aos premiados e para un espectáculo científico que deixou a todos anonadados. Desta forma...
02-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Soutomaior presenta a II Feira de Ciencia que terá lugar o xoves 4 de maio en Talo Río (carpa) durante todo o día desde as 10.00 h. Ao longo da...
02-05-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar...
14-04-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Un ano máis, o alumnado do noso Concello estase achegando ao mundo da ciencia grazas ao programa Divulgaciencia. Hoxe tocoulle o quenda aos alumnos e alumnas do IES Soutomaior, que...
06-03-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...
10-02-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...
04-12-2022 / Ensino
Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...
12-08-2022 / Ensino
O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...
Ensino +