fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 19 Abril 2022 09:35

Inscricións abertas para a Feira da Ciencia que acollerá Talo Río

Inscricións abertas para a Feira da Ciencia que acollerá Talo Río

O día 5 de maio celébrase a  Feira da Ciencia na Alameda de Talo Río, unha iniciativa que se encadra dentro do programa  Divulgaciencia e que permitirá ao  estudantado de ESO e Bacharelato do IES Soutomaior e do Colexio Santiago Apóstol á veciñanza de Soutomaior os seus proxectos científicos. Para iso, ademais de talleres e actividades para o público xeral, os estudantes montarán stands onde poderán explicar ou  seu  proxecto  ao todo o que se achegue co fin de divulgar o traballo realizado; interactuando  co público,  resolvendo  dúbidas e comentando os resultados  obtidos, así como, curiosidades  do proceso  levado a cabo.

O obxectivo é fomentar a vocación científica e o  espírito  emprendedor da mocidade, ademais de permitirlles desenvolver todas as súas capacidades a través da realización dun traballo  que finalmente será presentado en sociedade.

O prazo para inscribirse como participante termina o día 21 de abril. Os grupos poden apuntarse a través da seguinte ligazón.  t.ly/4CN4


Visto 542 veces