fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 21 Abril 2022 13:45

O alumnado sae das aulas para investigar grazas a 'Divulgaciencia'

O alumnado sae das aulas para investigar grazas a 'Divulgaciencia'

Seguen en marcha as actividades do 'Plan Divulgaciencia'  que conta co apoio da FECYT e do Ministerio de Ciencia e Innovación e que busca fomentar o interese pola ciencia entre o estudantado do  Concello. Durante esta semana varios grupos de alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato do Colexio Santiago Apóstol e do IES Soutomaior saíron das aulas para investigar de primeira man como a acción do ser humano afecta á flora e a fauna da súa contorna.

Para iso, realizaron dúas actividades: Na primeira os e as estudantes tiveron que buscar e identificar distintos rastros de animais e plantas e, a través dos seus teléfonos móbiles, rexistrar todos os detalles observados. A actividade consistiu nun pequeno  roteiro no que os alumnos, en grupos de 4 persoas, tiveron que colaborar e investigar.

Mentres tanto, outro grupo de alumnos e alumnas realizaban outra actividade, centrada descubrir o nivel de polución da praia da Xunqueira de Arcade. Para iso, os e as participantes tiveron que recoller unha mostra da area que máis tarde analizaron para descubrir a cantidade de  microplásticos que se esconde no chan.

Cos/as estudantes estivo, ademais dos seus profesores e os monitores da actividade, a concelleira de Educación, Fátima Vidal.


Visto 585 veces