A Concellería de Educación do Concello de Soutomaior inicia hoxe venres 15 de abril o CICLO DE CINE BUTACA VERDE cuxo obxectivo é o de fomentar actividades de carácter ambiental e provocar, con elas, a reflexión necesaria na cidadanía sobre o noso estilo de vida e a adopción de condutas diarias máis sostibles e responsables con nós e co planeta.
CICLO
1º SESION:
Venres 15 de abril ás 21,15 h
“ Manual de uso dunha nave espacial”
Amigos da Terra. Ano 2009, Duración: 61 minutos
Sinopse: retrata as diversas realidades contorna a un dos problemas máis complexos do noso tempo e suscita a urxencia de entablar un dialogo profundo sobre as súas solucións.
2º SESION
Venres 29 de abril ás 21,15 h
“Tukki, la huella ambiental” de Guillermo García Ramos,
Ano 2009, Duración: 49 minutos
Sinopse: Miles de senegaleses atópanse ante unha encrucillada: a uns os está a comer o deserto, outros xa non poden predicir as choivas como antes e a súa terra se seca, e para outros moitos a perda dos bosques arruina os seus pobos. Este documental reflexa a viaxe que se ve obrigado a emprender un mozo senegalés desde a súa aldea ante a degradación do solo a deforestación que sofre o seu entorno.”
3º SESIÓN
Venres 13 de maio ás 21,15 h
“Reinventamos un pueblo”
Fundación Ciudad de la Energía, 2009,
Duración: 35 minutos
Sinopse: Un pobo mineiro da comarca berciana está cambiando de cor. E o fai grazas á restauración ambiental de dúas minas de carbón que enmarcaban a paisaxe. En Tremor de Arriba crece por fin a herba.
Destinatarios: público xeral
Lugar: Multiusos, Arcade
Entrada: de balde
O CONCELLO DE SOUTOMAIOR