fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 15 Abril 2016 20:21

Novas actividade da Concellería de Educación

Novas actividade da Concellería de Educación

A Concellería de Educación convoca as novas actividades para este trimestre e abre o prazo de inscrición. Neste trimestre seguimos co programa de Roteiros Medioambientais con dúas novas propostas unha para o 29 de maio e outra para o 12 de xuño. Destacamos neste trimestre un ciclo de sensibilización medioambiental BUTACA VERDE que consta de tres proxeccións coas que se pretenden xerar unha conciencia crítica  en relación a estilos de vida e conductas diarias que inflúen negativamente no medioambiente.

Por outra, banda continuamos coa programación da escola de Pais e Nais que neste trimestre ten unha temática que xira arredor da alimentación e dos productos que mercamos. Constará de dúas sesións unha o  venres 22 de abril e a outra o venres 20 de maio. 

No eido da educación vial organízase unha xincana sobre este tema coa finalidade de sensibilizar e concienciar ás persoas sobre o uso responsable na vía pública tanto como peatóns como condutores/as.

E, para rematar, ponse en marcha o programa Tecendo Redes cunha primeira iniciativa de educación e sensibilización medioambiental a través dunha exposición" As Mariñas protexias" dirixida a toda a poboación. Haberá visitas abertas pero tamén grupos guiados. Os colexios participarán nestas visitas guiadas pero tamén poderán facelo as asociacións e grupos informais que así o desexen concertando día e hora para realizar a visita guiada.

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR


Publicado en Ensino
Visto 1838 veces