fbpx
Imprimir esta páxina
Domingo, 04 Decembro 2022 01:16

Celebramos a primeira sesión de "Capacidade, SI moitas"

Celebramos a primeira sesión de "Capacidade, SI moitas"

Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións AMENCER, Federación de Asociacións de persoas Xordas de Galicia e a Asociación Socio Sanitaria Enfermidades Inflamatorias Intestinais e Ostomizadas. Representantes das tres entidades explicaron as incomodidades que condicionan o seu día a día e fixeron unha importante labor de difusión e prevención.
Ademais, levouse a cabo unha actividade titulada “Personalario Universal” na que se crearon varias persoas con diversidade funcional a partir de caixas de cartón.
Lembrade que hoxe ás 12.00 H o Multiúsos acolle a representación teatral “As Lentes do avó”

Publicado en Ensino
Visto 448 veces