fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 10 Febreiro 2023 12:45

O programa que potencia o nosos estudantado

Inauguramos II Edición Divulgaciencia

Inauguramos II Edición Divulgaciencia

Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación científica da nosa mocidade.

O programa arrancou hoxe e rematará no mes de maio ca celebración dunha gran feira da Ciencia en Talo Río, onde estudantado dos nosos centros e tamén algúns de fora de Soutomaior, exporán todo tipo de proxectos científicos. Entre medias, organizaranse roteiros científicos, obradoiros, coloquios, espectáculos e moito máis.

Durante a inauguración de hoxe, á que acudiron o Alcalde e a concelleira de Educación, os/as estudantes gozaron dunha interesante demostración dos últimos avances tecnolóxicos que lles permitiu facerse unha idea de como funcionará a sociedade do futuro, ademais de introducirse no mundo da programación.

*Colabora a FECYT


Cartel Cartel

Visto 374 veces