Ciclo de cine Butaca verde
Venres 29 de abril ás 21,15 h no Multiusos, Arcade
“Tukki, la huella ambiental” Guillermo García Ramos, 2009, 49 minutos
SINOPSE: Miles de senegaleses/as atópanse ante unha encrucillada: a uns os está a comer o deserto, outros xa non poden predicir as choivas como antes e a súa terra sécase, e para outros moitos, a perda dos bosques arruína os seus pobos. Este documental reflicte a viaxe que se ve obrigado a emprender un mozo senegalés desde a súa aldea ante a degradación do solo e a deforestación que sofre o seu entorno.