fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 16 Setembro 2016 13:42

Finalizados os traballos nos centros de ensino

Rapazes da escola infantil A Galiña Azul. Rapazes da escola infantil A Galiña Azul. / Foto: Concello de Soutomaior

Os centros de ensino público do Concello de Soutomaior acolleron durante as últimas semanas varias obras de mellora nas súas instalacións co obxectivo de satisfacer as necesidades de profesores e alumnos de fronte ao comezo do próximo curso escolar.

Os traballos inclúen diversas melloras e reparacións nas aulas, patios e elementos de recreo ademais de diversas melloras.

Estas actuacións contaban cun orzamento total de 18.000 euros, achegando a Xunta de Galicia unha terceira parte correspondente ao novo sistema de calefacción da escola infantil A Galiña Azul.

Con estes traballos o Concello de Soutomaior pretende ofrecer unha mellora na calidade das súas instalacións educativas a todos os seus usuarios ademais de responder as solicitudes expostas polos alumnos, pais e profesores para o inicio deste novo curso escolar.

Os traballos realizados inclúen todos os centros municipais de ensino público en maior ou menor medida, xa que todas as aulas, zonas de comedor e recreo, así como o resto de instalacións foron revisadas en aspectos fundamentais como a instalación eléctrica, os elementos de iluminación e climatización , a carpintería instalada ou o novo sistema de calefacción da escola infantil A Galiña Azul. Ademais destas revisións básicas, en total acondicionáronse 18 aulas con traballos de pintura. Oito aulas se repintaron por completo mentres outras dez só precisaban traballos de menor entidade. Os exteriores do C.P.I. Manuel Padín Truiteiro también acondicionáronse para preparar a chegada dos estudantes con traballos de roza e limpeza do contorno.

A escola infantil A Galiña Azul é un dos centros que acolle máis melloras para o novo curso.

O patio exterior de recreo renovouse cun novo chan de céspede artificial antiestático e non abrasivo recomendado para parques infantís. Nese mesmo patio, e como mellora en materia de seguridade, instalouse unha porta que comunica o recinto co exterior para facilitar a súa evacuación en caso de emerxencia.

Por último, instalouse un novo sistema de calefacción de gas natural, máis eficiente e moderno que o anterior baseado en gasoil, que entrará en servizo esta semana en canto finalicen os traballos da empresa Gas Natural na acometida ao recinto. A instalación do novo sistema de calefacción ten un custo aproximado de 6.000 euros que foi asumido pola Xunta de Galicia.


Publicado en Ensino
Visto 1754 veces