fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 28 Outubro 2016 20:40

Novos programa de actividades educativas

Novos programa de actividades educativas

O Concello de Soutomaior pon en marcha novas actividades da man da Concellería de Educación co fin de promover accións non formais de índole educativa onde poidan participar persoas de todas as idades. Entre as temáticas a tratar está a ciencia, a tecnoloxía, a edución en familia e a educación medioambiental.

Todos estos temas trataranse ó longo do trimestre mediante diferentes actividades programadas para adaptarse a diferentes públicos. Búscase a implicación das familias e a promoción de habilidades e destrezas que nos fagan máis compentencias a nivel individual pero tamén a nivel colectivo.

As actividades son:

  1. Aprendendo en familia: escola de pais e nais que contará cunha única sesión experimental e participativa dirixida a todos os membros da familias durante a cal se vivirá unha experencia creativa e moi dinámica.
  2. En clave tecnolóxica: aprende xogando é unha actividade pensada para que os nenos e nenas desde as idades máis tempranas se inicien no universo tecnolóxico aprendendo a usar estes recursos dixitais para potenciar as súas habilidades creativas e resolutivas a través do xogo.
  3. Continúase, tamén co programa de roteiros medioambientais para seguir coñecendo os recunchos do Concello e aprendendo novas cousas sobre o noso entorno e sensibilizándonos un pouco máis co seu coidado. Saída dende A Xunqueira de Arcade: https://goo.gl/maps/Z4B6mG7ekRk empregarase un lector QR: https://play.google.com/store/apps/details?id=me.scan.android.client
  4. E, para finalizar o trimestre, a actividade laboratorio tecnolóxico, achegará durante as vacacións de Nadal ós nenos e ás nenas á ciencia, tecnoloxía e arte. Mediante obradoiros lúdicos, saídas artísticas, uso de programas de modelado e programación, etc. poderán experimentar novas sensacións e coñecer novos xogos moi divertidos.

As actividades requiren inscrición previa na maioría dos casos. Máis información e inscricións na OMIX, Multiusos.


Publicado en Ensino
Descargar adjuntos:

2016 - 4 Trimestre Programación Educación (971 Descargas)
Visto 2504 veces