fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 25 Novembro 2016 18:28

Obradoiro de creatividade: Aprendendo en familia

Obradoiro de creatividade: Aprendendo en familia

O luns 28 de novembro no Multiusos de Arcade terá lugar un OBRADOIRO DE CREATIVIDADE EN FAMILIA dirixido a todas as idades.

O programa Aprendendo en familia: escola de pais e nais impulsado pola Concellería de Educación do Concello de Soutomaior nace para crear un espazo onde compartir experiencias  e buscar estratexias para mellorar as relacións en familia.

En cada sesión abórdanse temas diferentes propostos polas familias para ser tratados dun xeito moi práctico.Neste obradoiro traballaremos a través de dinámicas enriquecedoras que nos leven a  reflexionar sobre a  importancia da Creatividade dentro do núcleo familiar.

Con este obradoiro trátase de xerar un ambiente  adecuado a través da co-creatividade  con diferentes modalidades artísticas e lúdicas no que xurdan sinerxias que favorezan  a  expresión  de ideas, sentimentos e emocións. A partir  desta experiencia analizaremos  os múltiples beneficios da creatividade, como podemos potenciala  no neno/a e aplicala no día a día  para a  mellora da convivencia.

Obxectivos

  • Concienciar ás familias da importancia de educar a nenos e nenas de forma creativa.
  • Favorecer a creación dun entorno  que estimule  a creatividade dos/as nenos/as facilitándolles o espazo e materiais axeitados.
  • Potenciar o desenvolvemento de competencias que impliquen a busca de alternativas  e a resolución creativa de conflitos
  • Favorecer a comunicación interxeneracional a través da actividade lúdica e artística.

 

PROGRAMA DA SESIÓN 28 DE NOVEMBRO
 

  • QUE É SER CREATIVO/A?.
  • DINÁMICAS PARA ESPERTAR A CREATIVIDADE :
    • MÚSICA E  MOVEMENTO
    • EXPRESIÓN COLECTIVA A TRAVÉS DA PINTURA E O MODELADO DE FORMAS
  • ESPAZO PARA A REFLEXIÓN E A POSTA EN COMÚN DA EXPERIENCIA.

 

A sesión estará dirixida por:

  • Jessica Blaszkiewecz Mera, licenciada en psicoloxía, arteterapeuta
  • Andrea Picón Costa, licenciada en psicoloxía, psicomotricista

Suxerimos vestimenta cómoda e camiseta ou mandilón para o desenvolvemento das actividades.
Este obradoiro vai dirixido a todas as idades.
Máis información: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Visto 1673 veces