Ensino
Ensino +
Aberto o prazo de inscrición para participar nas actividades deseñadas pola Concellería de Educación do Concello de Soutomaior para as vacacións do Nadal. Este ano a proposta versa sobre ciencia, arte e tecnoloxía. Dun xeito lúdico os rapaces e rapazas poderán achegarse a todos estes temas e descubrir moitas cousas a través da experimentación e da creación. As actividades van dirixidas a persoas de 4 a 17 anos e son distintas en función da idade de cada grupo de participantes.
Grupos:
Infantil: 4 a 7 anos; Actividades: creación de aeronaves e avións, inventos, experimentos científicos, cociña robótica, a invasión artística dos soutos nas rúas, un ovo na lúa
Xuvenil 1: 8 a 11 anos; Actividades: inventos con historia e unha historia de inventos, maquinarbores, inventos, experimentos científicos, cociña robótica, modelado3D, programación con CODE.
Xuvenil 2:12 a 17 anos; Actividades: experimentos científicos marchosos, experimentos Be water my friend, o que o ollo non ve, xpgando con lume, modelado3D, programación con CODE.
As prazas limitadas por grupo son 20 como máximo. Realizaranse os días 26 e 27 de decembro; 2 e 3 de xaneiro en horario de:11,00 a 13,00 h A maior parte levaranse a cabo no Multiusos pero tamén haberá actividades no exterior e saídas si o tempo o permite para realizar intervencións artísticas na Alameda de Talorío.
O custe por participar nestas actividade é para empadroados-as 5 €;e para non empadroados-as 15€
Máis información e inscricións: ata o 20 de decembro na OMIX, Multiusos (Arcade) ou ata cubrir prazas.
Ensino
05-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Pechamos unha nova edición de Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia que celebramos onte en Talo Río. Media centena de alumnos e alumnas expuxeron os seus proxectos e outros tantos participaron nas múltiples visitas guiadas que se celebraron ao longo do día. Ademais, houbo tempo para entregar felicitar aos premiados e para un espectáculo científico que deixou a todos anonadados. Desta forma...
02-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Soutomaior presenta a II Feira de Ciencia que terá lugar o xoves 4 de maio en Talo Río (carpa) durante todo o día desde as 10.00 h. Ao longo da...
02-05-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar...
14-04-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Un ano máis, o alumnado do noso Concello estase achegando ao mundo da ciencia grazas ao programa Divulgaciencia. Hoxe tocoulle o quenda aos alumnos e alumnas do IES Soutomaior, que...
06-03-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...
10-02-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...
04-12-2022 / Ensino
Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...
12-08-2022 / Ensino
O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...
Ensino +