fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 30 Decembro 2016 11:42

Continúan as actividades para o Nadal

Momento do obradoiro de avións de papel. Momento do obradoiro de avións de papel. / Foto: Educación Soutomaior

Continúan as actividades para as vacacións do Nadal con novas propostas dentro do programa Laboratorio Tecnolóxico.

O luns día 2 de xaneiro os nenos/as do grupo de 4 a 7 anos saírá do Multiusos ás 11 h para  realizar a actividade “A invasión dos Soutos: percorrido polo pobo na procura dos Soutos que aparecerán nos lugares máis insospeitados, teremos que tentar ser máis rápidos que eles ou elas, senón…… a invasión xa está en marcha”. 

O grupo de 8 a 11 anos sairá do Multiusos cara Talorío para realizar unha intervención artística alí: “Maquinárbores: seguindo na liña da arte, da intervención dos artistas fóra dos cadros, e baseándonos no famoso “Bosque de Oma” de Ibarrola, tinguiremos de cor e máquinas as árbores de Talo Río, nunha intervención efémera que se retirará ao día seguinte.

Mentras tanto o grupo de 12 a 17 anos  permanecerá no Multiusos coas actividades de programación, O luns comezarán co programa “Modelado 3D con sketchup: unha maneira fácil de debuxar en 3D. A facilidade de uso deste programa pola súa funcionalidade permite debuxar liñas e figuras, convertir iso en figuras e pintar e construír o que se queira”.

As actividades rematan o martes 3 de xaneiro  con máis programación e moitos divertidos e curiosos experimentos.

Máis información sobre o programa: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Publicado en Ensino
Visto 1764 veces