O Concello de Soutomaior pon en marcha novos proxectos educativos en áreas como a educación familiar, a tecnoloxía e programación ou a sensibilización medioambiental, o consumo responsable e a horta urbana e ecolóxica.
APRENDENDO EN FAMILIA: escola de pais e nais
Programa dirixido ás familias que ten como finalidade orientar, informar e formar sobre temas de interese para a educación de menores. Aportando nas sesións e obradoiros habilidades, técnicas e pautas para mellorar a educación de nenos e nenas en contextos actuais onde os novos retos necesitan afrontarse con vellas e novas ferramentas. Nesta ocasión traballaremos o tema do uso das tecnoloxías. As sesións estarán dirixidas por persoas expertas no uso de Internet, as redes sociais e as Novas Tecnoloxías entre os mais novos. Tocando temas como o impacto que os malos usos teñen nivel psicolóxico e condutual tradúcese a miúdo na aparición de certas prácticas de risco ou incluso novas formas de delito, como pode ser o cyberbullying, o sexting e a sextorsión ou o grooming. Sen esquecernos de que un uso abusivo pode chegar a asociarse cun maior sedentarismo, a aparición de trastornos da alimentación e do sono, illamento social, fracaso escolar etc. De todo isto falaremos os días:
- Datas: martes 24 e martes 31 de xaneiro. Hora: 17,00 a 18,30 h
- Lugar: CPI M. Padin Truiteiro
Visita: Escola de Pais e Nais
Neste trimestre tamén se porá en marcha a ESCOLA MUNICIPAL DE HORTA URBANA E ECOLÓXICA que se iniciará cun curso de horta urbana ecolóxica. O proxecto é unha proposta para persoas que buscan unha formación en relación coas necesidades e os recursos do lugar no que viven. A través da Concellería de Educación e da Concellería de Medio Ambiente ponse en marcha unha horta municipal en Arcade cunha orientación educativa e con carácter formativo onde o esparcemento, a sensibilización ambiental e o consumo responsable serán os eixes fundamentais. Para poder cultivar unha parcela na horta será necesario realizar con éxito o curso de horta urbana e ecolóxica que se realizará so días:11,18 DE FEBREIRO e 11,18,25 de MARZO de 10 A 14 H. As prazas son limitadas.
Visita: Escola Municipal de Horta Urbana Ecolóxica
Outro programa xa iniciado en 2016 e co que se continuará será o programa EN CLAVE TECNOLÓXICA: APRENDE PROGRAMAR XOGANDO
Neste trimestre traballarase con scratch e modelado 3D con sketchUp. Os nenos e nenas de 4 a 17 anos que queiran participar terán que anotarse previamente e faremos grupo por idades. A programación é unha ferramenta moi útil para traballar o pensamento creativo, a lóxica e a imaxinación. Ademais, son coñecementos e habilidades que logo se poden trasladar á vida diaria para así comprender mellor o entorno que nos rodea.
E por último, o programa ROTEIROS MEDIOAMBIENTAIS: COÑECE O TEU CONCELLO E ARREDORES.
A proposta para este trimestre é a seguinte:
- 29 DE XANEIRO - Roteiro 1: "Con sabor salgado"
- 19 DE FEBREIRO - Roteiro 2: "Fervenza do Inferno"
- 26 DE MARZO - Roteiro 3: "Outra ollada á Peneda"
Cada roteiro ten as súas singularidades pero todos comparten o xogo, a curiosidade e a práctica saudable de camiñar de xeito tranquilo e sosegado disfrutando na natureza. Pero, ademais tamén comparte o obxectivo de aprender un pouco máis sobre o que nos rodea e sobre como podemos coidar e respetar máis o noso medio ambiente.
Visita: Roteiros Medioambientais