Educación
Educación +
Axenda Educación
CURSOS

ata:10 Abr 2023
OBRADOIROS

Do: 13-05-2023
ó: 13-05-2023
ata: 08 Mai 2023

O proxecto de Escola Municipal de Horta Urbana Ecolóxica é unha proposta que parte das Concellerías de Educación e de Medio Ambiente coa finalidade de por en marcha unha horta municipal en Arcade cun carácter formativo, de esparcemento, de sensibilización ambiental e de consumo responsable.
Dixirido a para persoas que buscan unha formación en relación coas necesidades e os recursos do sitio onde viven, de xeito que dependan o menos posible dos recursos externos. O aproveitamento de recursos naturais presentes no noso medio a partir de "recursos custo cero" como poden ser o acceso a terras sen cultivar e fomentar actividades de desenvolvemento no sector da agricultura ecolóxica e transformación en produtos elaborados, reciclaxe de residuos, ecoagroturismo e outros parécenos unha alternativa moi interesante para darlle un valor engadido. Permitindo isto que se coide o territorio e se conserve a nosa identidade e cultura, dun xeito sostible tanto económica, coma socialmente.
A quen vai dirixido
Persoas que queiran aprender e experimentar a opción de cultivar e obter hortalizas ecolóxicas sen impacto no medio así como consumir produtos máis sans. Familias que queiran a través do contacto coa terra e a natureza educar tomando conciencia dos ritmos biolóxicos das persoas.
Para poder acceder á solicitude do uso da horta/parcela débense cumprir os seguintes requisitos:
Nota: Unha vez finalizado o curso cederase temporalmente ás persoas que realizaron o curso o uso das parcelas que estiveron cultivando para que poidan seguir co traballo iniciado ata o mes de agosto baixo a supervisión do Concello ata que se recolla a colleita. Durante este proceso a profesora do curso realizará titorías para asesorar e resolver dúbidas que vaian xurdindo e o Concello velará polo bo funcionamento do proxecto aplicando a ordenanza municipal para que se respeten as normas e fins do proxecto de horta/escola.
Obxectivos do curso:
Potenciar o cultivo e consumo de produtos de proximidade, ecolóxicos, de temporada mediante técnicas respectuosas co medio ambiente. Fomentar hábitos alimenticios saudables. Dar a coñecer a cultura rural tradicional da zona. Fomentar o respecto pola terra e pola vida.Concienciación sobre a nosa aptitude cara ao medio ambiente. Implicación, responsabilidade e compromiso na xestión da horta.Fomentar o traballo en grupo, a planificación das actividades e labores da horta.
Contidos
Deseño e preparación de bancais para cultivo partindo dun terreo baldío. Laboreo. Acolchado. Definición de horta de tempada. Asociacións e rotacións de cultivos. Introdución de aromáticas. Recoñecemento de pragas.Tratamento de pragas. Insecticidas e funxicidas ecolóxicos. Elaboración de compost equilibrados. Realización dun compostoiro. Elaboración de outros abonos e lombricompost.
Metodoloxía
A metodoloxía que se empregará será eminentemente práctica e participativa. Mediante a creación dun ambiente de cooperación, acción que leven ao alumnado ao recoñecemento da infinidade de posibilidades que ofrece a agricultura ecolóxica.
A proposta formativa baséase no modelo da investigación-acción participativa, o cal é moi diferente aos modelos formativos convencionais. Con esta metodoloxía, teoría e práctica van unidas, volvendo en forma de espiral dende a práctica á teoría para reformular os contidos e avaliar cada parte do proceso de aprendizaxe, que se converte nunha aprendizaxe viva cun claro sentido práctico para a súa aplicación a nivel particular ou comunal: neste caso no cultivo dunha parcela dentro da horta municipal.
Educación
06-03-2023 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo de iniciativas teñen moi boa aceptación entre a veciñanza e pretenden ofrecer unha alternativa de lecer cultural e saudable ás familias.
10-02-2023 / Educación (Divulgaciencia)
Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...
04-12-2022 / Educación
Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...
12-08-2022 / Educación
O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...
06-06-2022 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Onte, preto de 30 veciños/as participaron no Roteiro polos Montes da Valga, na serra dá Groba, Oia. Os/as asistentes puideron observar os cabalos autóctonos que se crían en liberdade e que...
06-05-2022 / Educación (Divulgaciencia)
Onte foi un día especial para moitos/as estudantes dos institutos do Concello. Tras meses de preparación, traballo e estudo, por fin puideron mostrar ante todos os seus veciños o froito...
21-04-2022 / Educación (Divulgaciencia)
Seguen en marcha as actividades do 'Plan Divulgaciencia' que conta co apoio da FECYT e do Ministerio de Ciencia e Innovación e que busca fomentar o interese pola ciencia entre...
19-04-2022 / Educación (Divulgaciencia)
O día 5 de maio celébrase a Feira da Ciencia na Alameda de Talo Río, unha iniciativa que se encadra dentro do programa Divulgaciencia e que permitirá ao estudantado de...
Educación +