Educación
Educación +
Axenda Educación

![]() |
O Concello de Soutomaior pon en marcha o proxecto SoutoNews. Un programa de inmersión lingüística en inglés no que os/as participantes elaborarán o seu propio magazine xuvenil, encargándosede crear diferentes seccións: cultura, economía, deportes, sociedade, sucesos,… Integramente en inglés e guiados-as por unha profesora de nivel nativo e con experiencia, idearán as novas, redactarán os contidos e poñeranos en práctica. Coa axuda da televisión local, a finais de cada mes, gravaranse as seccións cos diálogos que estarán subtitulados en galego. Os/as participantes poderán colaborar vestíndose con vestiario apropiado o día das gravacións para darlle máis veracidade ós contidos. No desenvolvemento do magazine, a imaxinación dos/as participantes ocupará un lugar importante. Incorporaremos actividades didácticas que axudarán a desenvolver as habilidades en inglés así como a desenvolver
a axilidade mental neste idioma: competición de deletreo (spelling), obradoiro de cancións, elaboración de banda deseñada. As novas de actualidade, xurdirán dos debates moderados pola profesora.
Os obxectivos deste proxecto promovido polas concellerías de Educación e Xuventude son os de promover entre a mocidade actividades que lles permitan adquirir competencias lingüísticas en inglés dun xeito práctico e divertido, usando vocabulario propio de contextos diarios para falar con maior fluídez e mellorar a pronunciación e a axilidade nesta língua.
Haberá dous grupos.
O nivel non será un problema porque a metodoloxía vai a ser moi práctica e grupal adaptándose os contidos ás idades e competencias lingüísticas do grupo.
O prazo de inscrición remata o 20 de febreiro.
Educación
05-05-2023 / Educación (Divulgaciencia)
Pechamos unha nova edición de Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia que celebramos onte en Talo Río. Media centena de alumnos e alumnas expuxeron os seus proxectos e outros tantos participaron nas múltiples visitas guiadas que se celebraron ao longo do día. Ademais, houbo tempo para entregar felicitar aos premiados e para un espectáculo científico que deixou a todos anonadados. Desta forma...
02-05-2023 / Educación (Divulgaciencia)
Soutomaior presenta a II Feira de Ciencia que terá lugar o xoves 4 de maio en Talo Río (carpa) durante todo o día desde as 10.00 h. Ao longo da...
02-05-2023 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar...
14-04-2023 / Educación (Divulgaciencia)
Un ano máis, o alumnado do noso Concello estase achegando ao mundo da ciencia grazas ao programa Divulgaciencia. Hoxe tocoulle o quenda aos alumnos e alumnas do IES Soutomaior, que...
06-03-2023 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...
10-02-2023 / Educación (Divulgaciencia)
Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...
04-12-2022 / Educación
Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...
12-08-2022 / Educación
O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...
Educación +