Ensino
Ensino +
Axenda Ensino
EXPOSICIÓNS
Do: 13-05-2024 ó: 13-05-2024
En: Alameda Talo Río
CONCURSOS
ata:06 Mai 2024
OBRADOIROS
Do: 01-05-2024
ó: 31-12-2024
ata: 31 Dec 2024
O pasado 11 de febreiro o Concello de Soutomaior puxo en marcha este proxecto formativo e de sensibilización medioambiental mediante o cal se pretende promover unha conciencia máis solidaria co medio e tamén un consumo máis responsable tanto no eido da saúde como no que ten que ver coa elección dos productos que consumimos e da súa procedencia. O proxecto consta de varias fases. A primeira consistiu na realización dun curso de iniciación á horta ecolóxica totalmente práctico mediante o cal as persoas inscritas aprenderon a deseñar e preparar os bancais, fixeron o laboreo e acolchado, definiron o que é a horta de tempada, plantaron diferentes plantas entre elas aromáticas e prepararon tratamentos fortificantes e protectores para enfrontarse ás posibles pragas dun xeito natural e integrado seguindo os tempos da biodinámica.
Unha vez rematada esta primeira fase o alumnado agora inicia a segunda parte na que a través do seguimento e titorización da mestra continuarán aprendendo todo o necesario para ser uns bos hortelanos e hortelanas. Pasados estes meses a horta comeza a dar os seus primeiros froitos: rábanos, fresas, etc. e isto aumenta a súa motivación.
O sábado 22 de abril o alumnado estivo aprendendo a realizar o "bocashi" é dicir un producto resultante dun proceso de fermentación que acelera a degradación da materia orgánica animal ou vexetal e que ten a súa orixe na cultura xaponesa. A aplicación na horta deste tipo de abono é moi interesante porque aumenta a biodiversidade microbiolóxica do chan.
O alumnado, moi implicado no proxecto, destaca que participar na horta resúltalles moi gratificante porque sírvelles para liberar tensións, para conversar con outras persoas, para compartir experiencias e para aprender un pouco máis sobre agricultura. Nesta segunda fase as persoas inscritas poden ir acompañadas das súas familias, tamén inscritas no proxecto, converténdose a actividade nun lugar de encontro e esparcimento onde educar en valores solidarios, de cooperación e respeto nun medio natural e ao aire libre.
Ademais, destacamos tamén a labor divulgativa que se realiza e as sinerxias establecidas con outros grupos e persoas, como por exemplo, co alumnado do curso de monitores/as de tempo libre que estamos a realizar no multiusos porque este sábado pasado os mozos e mozas achegáronse á horta para poñer en práctica varias dinámicas de animación e compartir experiencias cos hortelanos e hortelanas.
En agosto, este grupo verá culminado o seu proceso formativo e dará paso a outras persoas para que poidan participar e continuar co seu legado que está sendo toda unha mostra de bo facer, de solidariedade e de compañerismo. Continuándose así coa labor iniciada polo Concello, a través das Concellería de Educación e Medioambiente.
Ensino
05-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Pechamos unha nova edición de Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia que celebramos onte en Talo Río. Media centena de alumnos e alumnas expuxeron os seus proxectos e outros tantos participaron nas múltiples visitas guiadas que se celebraron ao longo do día. Ademais, houbo tempo para entregar felicitar aos premiados e para un espectáculo científico que deixou a todos anonadados. Desta forma...
02-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Soutomaior presenta a II Feira de Ciencia que terá lugar o xoves 4 de maio en Talo Río (carpa) durante todo o día desde as 10.00 h. Ao longo da...
02-05-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar...
14-04-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Un ano máis, o alumnado do noso Concello estase achegando ao mundo da ciencia grazas ao programa Divulgaciencia. Hoxe tocoulle o quenda aos alumnos e alumnas do IES Soutomaior, que...
06-03-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...
10-02-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...
04-12-2022 / Ensino
Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...
12-08-2022 / Ensino
O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...
Ensino +