Ensino
Ensino +
O Concello de Soutomaior promove novas actividades na área de Educación para os meses de maio e xuño.
Comezamos cunha nova proposta do programa ROTEIROS MEDIOAMBIENTAIS: coñece o teu Concello que nesta ocasión conta con dous roteiros. O primeiro previsto para o domingo 28 de maio que vai percorrer as diferentes paisaxes de Aranza. Partiremos da zona máis baixa, a carón do río Oitavén e subiremos ata case 300m. É unha subida esixente, pero que se fai máis levadeira ao observar a beleza que nos rodea. Visitaremos os socalcos e algunha zona de monte alto, teremos vistas aos canóns do Oitaven, camiñaremos entre muros antigos e poderemos remollar os pés nas pozas de Aranza, para regresar polas intrincadas rúas da zona.
O seguinte previsto para o domingo 18 de xuño que comeza na casa dos/as Pescadores/as que hai en Sobral e discorre todo o tempo a por ambas marxes do río Oitavén. No noso camiño teremos ocasión de aprender algo máis sobre a dinámica do río, as súas árbores e con algo de sorte, ver algúns dos animais que teñen aquí o seu fogar. Tamén poderemos visitar un par de muíños agochados entre a vexetación. E se o tempo acompaña, ao finalizar, poderemos gozar dun baño nas augas claras e frescas do río.
Para participar é obrigatorio inscribirse previamente na OMIX porque as prazas son limitadas.
Outra das actividades programadas para este trimestre dentro do programa APRENDENDO EN FAMILIA: escola de pais e nais é a charla obradoiro organizada sobre o tema do ACOSO ESCOLAR. Que terá lugar o martes 30 de maio de 18,00 a 19,30 no CPI M. Padin Truiteiro e que vai dirixida a familias e interesados/as en xeral. Poderase acudir con nenos/as porque haberá unha monitora encargada de realizar actividades con eles/as mentras que as familias asisten á charla.
Máis información sobre estes programas na web municipal www.soutomaior.com ou en gabinetesoutomaior.com
Ensino
05-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Pechamos unha nova edición de Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia que celebramos onte en Talo Río. Media centena de alumnos e alumnas expuxeron os seus proxectos e outros tantos participaron nas múltiples visitas guiadas que se celebraron ao longo do día. Ademais, houbo tempo para entregar felicitar aos premiados e para un espectáculo científico que deixou a todos anonadados. Desta forma...
02-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Soutomaior presenta a II Feira de Ciencia que terá lugar o xoves 4 de maio en Talo Río (carpa) durante todo o día desde as 10.00 h. Ao longo da...
02-05-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar...
14-04-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Un ano máis, o alumnado do noso Concello estase achegando ao mundo da ciencia grazas ao programa Divulgaciencia. Hoxe tocoulle o quenda aos alumnos e alumnas do IES Soutomaior, que...
06-03-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...
10-02-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...
04-12-2022 / Ensino
Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...
12-08-2022 / Ensino
O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...
Ensino +