Ensino
Ensino +
Axenda Ensino

Achégase o Nadal e o Concello de Soutomaior pon en marcha a súa programación abrindo o prazo de inscrición para participar nos OBRADOIROS LÚDICOS DE ARQUITECTURA dirixidos a idades comprendidas entre os 4 e os 17 anos.
Todos os anos desde a Concellería de Educación ofrécense actividades lúdicas cun compoñente formativo para que durante as vacacións de Nadal ademais de descansar e disfrutar poidamos aprender e experimentar cousas diferentes. O ano pasado os obradoiros tiñan como temática a ciencia e o arte e nesta ocasión a temática será a arquitectura e o noso entorno. Neste obradoiros explorarase a idea do refuxio, o chan ou a casa. Unha aposta por achegar a arquitectura aos máis pequenos e á xuventude para concebir novas ideas a partir do narrado ou visual, usando o xogo plástico, psicomotor ou simbólico de construcción colectiva. Introducindo nos obradoiros actividades de construcción, elaboración de maquetas ou experimentar coa gravidade .
Os obradoiros terán unha metodoloxía moi lúdica, práctica e participativa adaptándose contidos e actividades para cada idade. Ofrecemos tres posibilidades:
OBRADOIRO: o refuxio
OBRADOIRO: no chan
OBRADOIRO: a casa
Prazo de inscrición: ata o 22 de decembro
INSCRICIÓN EN LIÑA: Obradoiros lúdicos de Arquitectura
As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior.
Máis información na OMIX, Tel, 986700822 ou en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Ensino
05-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Pechamos unha nova edición de Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia que celebramos onte en Talo Río. Media centena de alumnos e alumnas expuxeron os seus proxectos e outros tantos participaron nas múltiples visitas guiadas que se celebraron ao longo do día. Ademais, houbo tempo para entregar felicitar aos premiados e para un espectáculo científico que deixou a todos anonadados. Desta forma...
02-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Soutomaior presenta a II Feira de Ciencia que terá lugar o xoves 4 de maio en Talo Río (carpa) durante todo o día desde as 10.00 h. Ao longo da...
02-05-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar...
14-04-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Un ano máis, o alumnado do noso Concello estase achegando ao mundo da ciencia grazas ao programa Divulgaciencia. Hoxe tocoulle o quenda aos alumnos e alumnas do IES Soutomaior, que...
06-03-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...
10-02-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...
04-12-2022 / Ensino
Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...
12-08-2022 / Ensino
O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...
Ensino +