Educación
Educación +
Axenda Educación

![]() |
QUE DIS?... CAPACIDADE SI, MOITA
Con este lema o Concello de Soutomaior programa para este sábado 2 de decembro en Talorío de 16 a 17.45 h unha serie de actividades lúdicas e de sensibilización co gallo do “día internacional da discapacidade”(termo recoñecido así pola OMS). A Concellería de Educación promove esta xornada cun enfoque positivo e participativo para promover unha educación inclusiva e fomentar a reflexión poñendo énfase nas capacidades; por iso, falamos dunha xornada sobre a diversidade funcional e non dunha xornada sobre a discapacidade porque entendemos que as diferenzas non se deben destacar desde unha visión negativa, que implique enfermidade, deficiencia ou falta de… senón desde o poder e o ser capaz, desde o positivo porque ser diferente non pode ser traumático nin negativo.
Trátase de visibilizar as diferentes capacidades das persoas, de sensibilizar sobre importancia de normalizar a vida sen a exposición continua aos prexuízos dos demais e de contribuír na construción en positivo dun presente e futuro inclusivo e igualitario.
HORARIOS E ACTIVIDADES:
16,00 a 17,45 h
XINCANA “INTEGRANDO A TRAVÉS DO LÚDICO”
Con diferentes estacións nas que haberá xogos potenciadores e estimuladores de todos os sentidos nos que poderá participar todo o mundo.
Exposición de materiais educativos cos que poder traballar os trastornos do espectro do Autismo e TDAH con dinámicas para comunicar e descubrir con pictos.
OBRADOIROS:
OBRADOIRO DEBUXANDO A CEGAS
Imos debuxar a cegas a partir de obxectos que tocamos, para logo identificar as formas e os debuxos, creando un xogo de adiviñanza a través da expresión plástica.
OBRADOIRO DE CUSTOMIZACION “BOLSAS CON PERSOALIDADE”
Cada vez hai máis persoas novas que por diferentes causas son ostomizadas e teñen que usar estas bolsas. Co obradoiro as persoas poderán coñecer que significa levalas e, recibir pautas sobre como normalizar estas situacións.
OBRADOIRO “O CÍCULO MÁXICO AZUL”
Este obradoiro creativo e lúdico os rapaces e rapazas podrán colorear os seus círculos azuis e decorar o resto do debuxo. Despois montarán o círculo máxico e ao facelo xirar, verán como se mide a glicemia. Un xesto que un menor con diabetes debe facer moitas veces no seu día a día.
17,45 a 18,15 CONTACONTOS “O CAZO DE LOURENZO”
da escritora Isabelle Carrier recomendado por FEAPAS
Actividade complementaria: VISIBILIZANDO O INVISIBLE
Para facernos preguntas e reflexionar sobre situacións que ó mellor descoñecemos pero que existen. Conteremos coa colaboración de ANEDIA Asociación de Nenos e Nenas con Diabete de Galicia; ASSEII (asociación socio sanitaria educativa inflamatoria intestinal) e de Alba Pérez Fernández creadora do blog "Creando en Especial".
Educación
05-05-2023 / Educación (Divulgaciencia)
Pechamos unha nova edición de Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia que celebramos onte en Talo Río. Media centena de alumnos e alumnas expuxeron os seus proxectos e outros tantos participaron nas múltiples visitas guiadas que se celebraron ao longo do día. Ademais, houbo tempo para entregar felicitar aos premiados e para un espectáculo científico que deixou a todos anonadados. Desta forma...
02-05-2023 / Educación (Divulgaciencia)
Soutomaior presenta a II Feira de Ciencia que terá lugar o xoves 4 de maio en Talo Río (carpa) durante todo o día desde as 10.00 h. Ao longo da...
02-05-2023 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar...
14-04-2023 / Educación (Divulgaciencia)
Un ano máis, o alumnado do noso Concello estase achegando ao mundo da ciencia grazas ao programa Divulgaciencia. Hoxe tocoulle o quenda aos alumnos e alumnas do IES Soutomaior, que...
06-03-2023 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...
10-02-2023 / Educación (Divulgaciencia)
Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...
04-12-2022 / Educación
Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...
12-08-2022 / Educación
O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...
Educación +