fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 27 Novembro 2017 20:09

Xornada de sensibilización sobre a diversidade funcional

Xornada de sensibilización sobre a diversidade funcional

QUE DIS?... CAPACIDADE SI, MOITA

Con este lema o Concello de Soutomaior programa para este sábado 2 de decembro en Talorío de 16 a 17.45 h unha serie de actividades lúdicas e de sensibilización co gallo do “día internacional da discapacidade”(termo recoñecido así pola OMS). A Concellería de Educación promove esta xornada cun enfoque positivo e participativo para promover unha educación inclusiva e fomentar a reflexión poñendo énfase nas capacidades; por iso, falamos dunha xornada sobre a diversidade funcional e non dunha xornada sobre a discapacidade porque entendemos que as diferenzas non se deben destacar desde unha visión negativa, que implique enfermidade, deficiencia ou falta de… senón desde o poder e o ser capaz, desde o positivo porque ser diferente non pode ser traumático nin negativo.  

Trátase de visibilizar as diferentes capacidades das persoas, de sensibilizar sobre importancia de normalizar a vida sen a exposición continua aos prexuízos dos demais e de contribuír na construción en positivo dun presente e futuro inclusivo e igualitario.

HORARIOS E ACTIVIDADES:

16,00 a 17,45 h

XINCANA “INTEGRANDO A TRAVÉS DO LÚDICO”

Con diferentes estacións nas que haberá xogos potenciadores e estimuladores de todos os sentidos nos que poderá participar todo o mundo.

Exposición de materiais educativos cos que poder traballar os trastornos do espectro do Autismo e TDAH con dinámicas para comunicar e descubrir con pictos.

 

OBRADOIROS:

OBRADOIRO DEBUXANDO A CEGAS

Imos debuxar a cegas a partir de obxectos que tocamos, para logo identificar as formas e os debuxos, creando un xogo de adiviñanza a través da expresión plástica.

OBRADOIRO DE CUSTOMIZACION “BOLSAS CON PERSOALIDADE”

Cada vez hai máis persoas novas que por diferentes causas son ostomizadas e teñen que usar estas bolsas. Co obradoiro as persoas poderán coñecer que significa levalas e, recibir pautas sobre como normalizar estas situacións.

OBRADOIRO “O CÍCULO MÁXICO AZUL”

Este obradoiro creativo e lúdico os rapaces e rapazas podrán colorear os seus círculos azuis e decorar o resto do debuxo. Despois montarán o círculo máxico e ao facelo xirar, verán como se mide a glicemia. Un xesto que un menor con diabetes debe facer moitas veces no seu día a día. 

 

17,45 a 18,15  CONTACONTOS “O CAZO DE LOURENZO”

da escritora Isabelle Carrier recomendado por FEAPAS

Actividade complementaria:  VISIBILIZANDO O INVISIBLE

Para facernos preguntas e reflexionar sobre situacións que ó mellor descoñecemos pero que existen. Conteremos coa  colaboración de ANEDIA Asociación de Nenos e Nenas con Diabete de Galicia; ASSEII (asociación socio sanitaria educativa inflamatoria intestinal) e de Alba Pérez Fernández creadora do blog "Creando en Especial". 

 


Publicado en Ensino
Visto 1963 veces