Educación
Educación +
Axenda Educación

![]() |
O Concello de Soutomaior pon en marcha dúas novas sesión do programa APRENDENDO EN FAMILIA. Nesta ocasión tocaremos novos temas de interese pero dun xeito moi práctico porque durante as sesións as familias participarán en xogos de rol e dinámicas para traballar a partir de casos prácticos novas habilidades e recursos que os poidan axudar a mellorar o seu traballo como educadores/as.
A familia ten unha función clave na socialización do individuo e contribúe decisivamente ao seu desenvolvemento social, emocional e cognitivo. Exerce unha influencia moi importante na conduta dos nenos/as e nos estilos de vida dos/as adolescentes. Na familia adquírense e desenvólvense as actitudes, crenzas, valores, hábitos, estilos de vida e comportamentos que influirán no modo en que os fillos/as se enfronten á vida e, por tanto, a actuación familiar pode contribuír a evitar o desenvolvemento de problemas.
Os temas para este trimestre son:
1º SESIÓN
Como establecer unha boa comunicación para fixar límites e normas
Data: 07 Mai 2018 / 05:00PM - 07:00PM
Lugar da actividade: Multiusos de Arcade
2º SESIÓN.
Fomentar a autoestima saudable para combatir o acoso
Data: 04 Xun 2018 / 05:00PM - 07:00PM
Lugar da actividade: Multiusos de Arcade
Ambas sesións son de balde! Haberá actividades específicadas para os máis pequenos/as durante as sesións así que se poderá acudir con eles/as para que poidan participar en actividades lúdicas mentras que os pais e nais participan nos obradoiros.
Educación
05-05-2023 / Educación (Divulgaciencia)
Pechamos unha nova edición de Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia que celebramos onte en Talo Río. Media centena de alumnos e alumnas expuxeron os seus proxectos e outros tantos participaron nas múltiples visitas guiadas que se celebraron ao longo do día. Ademais, houbo tempo para entregar felicitar aos premiados e para un espectáculo científico que deixou a todos anonadados. Desta forma...
02-05-2023 / Educación (Divulgaciencia)
Soutomaior presenta a II Feira de Ciencia que terá lugar o xoves 4 de maio en Talo Río (carpa) durante todo o día desde as 10.00 h. Ao longo da...
02-05-2023 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar...
14-04-2023 / Educación (Divulgaciencia)
Un ano máis, o alumnado do noso Concello estase achegando ao mundo da ciencia grazas ao programa Divulgaciencia. Hoxe tocoulle o quenda aos alumnos e alumnas do IES Soutomaior, que...
06-03-2023 / Euducación (Roteiros Medioambientais)
Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...
10-02-2023 / Educación (Divulgaciencia)
Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...
04-12-2022 / Educación
Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...
12-08-2022 / Educación
O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...
Educación +