fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 09 Outubro 2015 13:32

O Concello de Soutomaior forma a 42 desempregados

O Concello de Soutomaior forma a 42 desempregados

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, clausurou esta semana no Multiusos de Arcade os cursos de formación municipal coa entrega de diplomas aos 42 alumnos que superaron con éxito algún dos catro ciclos que se impartían nos dous centros homologados que dispón o Concello. En total impartíronse catro cursos con Certificado de profesionalidade de nivel 2, sumando un total de máis de 2.000 horas de formación.

Trátase dos ciclos de emprego doméstico, actividades administrativas en relación co cliente, atención socio sanitaria a persoas no domicilio e atención socio sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Ademais de módulos teóricos específicos como o de atención ao cliente no proceso Comercial, gravación de datos, xestión de arquivos, ofimática e lingua estranxeira profesional, os ciclos de maior duración tamén comprendían unha fase de prácticas de 120 horas na que os alumnos teñen a oportunidade de demostrar as súas novas habilidades profesionais en empresas de toda a comarca.

O obxectivo destes ciclos non é outro que o de desenvolver políticas que xeren emprego cunha dimensión local ademais de supoñer unha mellora na formación dos alumnos ao ser un programa enfocado fundamentalmente aos coñecementos prácticos.

A iniciativa está enmarcada dentro do plan de Accións Formativas para Desempregados (AFD) da Xunta de Galicia e financiada pola Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo en colaboración co Concello de Soutomaior


Publicado en Emprego e Formación
Visto 2333 veces