fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 29 Xaneiro 2020 09:34

Comedor social – Taller de emprego “ rio Pequeno”

Comedor social – Taller de emprego “ rio Pequeno”

O taller de emprego “ rio Pequeno”, organizado conxuntamente polos Concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén, iniciou unha das actividades que esta iniciativa impulsa en beneficio dos veciños destes municipios, o comedor social. En total participaron 47 veciños de ambos concellos rexistrados a través dos servizos sociais municipais e de Caritas Arcade.

O comedor social impulsado polo taller de emprego xurdiu como unha maneira de aproveitar os alimentos que os estudantes do ciclo preparan como parte da súa aprendizaxe. Así, os alumnos da sección de cociña poden practicar realizando estes menús e os seus compañeiros da especialidade de restaurante fano atendendo e servindo aos comensais invitados.

A primeira sesión deste comedor social contou coa asistencia dos técnicos dos servizos sociais municipais e un representante de Caritas Arcade que participaron para comprobar o éxito da iniciativa e a súa aceptación por parte dos asistentes. O comedor social continuará durante os 9 meses que dura o curso e repetirase periodicamente para maximizar os seus beneficios entre a poboación.


Publicado en Emprego e Formación
Visto 1332 veces