Desde onte, os demandantes de emprego en Galicia terán que volver renovar as súas solicitudes cada tres meses. Ata o de agora, durante un período extraordinario froito da situación xerada pola pandemia, este trámite realizábase de maneira automática.
Para iso, as 54 oficinas do Servizo Público de Emprego en Galicia impulsarán a renovación por medios non presenciais: vía web (sen necesidade de autenticación), no teléfono 012 xa a través da aplicación móbil Mobem.
A Administración autonómica ha iniciado os contactos para advertir do cambio aos usuarios. Está a facelo a través de correo electrónico e mensaxería móbil. Tamén colocará avisos en todas as súas dependencias. Así mesmo, o Goberno galego informa de que a atención presencial mantense con cita previa nas 54 oficinas de emprego, como ata o de agora.