Mércores, 25 Xaneiro 2017 13:20

Almorzos saudables - Hostalería Verdugo

Almorzos saudables - Hostalería Verdugo

XORNADA ALMORZOS SAUDABLES

O vindeiro venres, 27 de Xaneiro de 2017, o Obradoiro de Emprego “Hostalería Verdugo” vai levar a cabo a realización dunha das xornadas denominadas “Almorzos Saudables”. Nela participarán arredor de 40 nenos de idades comprendidas entre os 9 e 10 anos, pertencentes o colexio público “Manuel Padín Truiteiro”.

A xornada terá lugar nas instalacións do Obradoiro, dende as dez da mañá as trece horas. A sua chegada, serán recibidos polo Director do Obradoiro e acomodados na sala polos alumnos da especialidade de Restaurante.

O programa establecido arrancará cunha charla de quince minutos a cargo da Titora do Obradoiro, para ensinarlles en que consiste unha alimentación equilibrada e falarlles dos elementos básicos dunha dieta saudable. Unha vez rematada a charla terán una pequena participación na realización do almorzo saudable, o cal estará formado por froita, lácteos e cereais. Dita participación farase en grupos de veinte alumnos cada un e consistirá en amasado de pan na cociña e na elaboración dunhas brochetas no restaurante. Para rematar a xornada participarán nuns xogos relacionados coa temática da xornada. As trece horas despediremos os alumnos facéndolles entrega do bollito de pan cociñado por cada un deles.

O martes 31 esta mesma actividade estará dirixida aos alumnos de 4º de primaria do colexio Santiago Apóstol.

En todas as actividades os nenos estarán acompañados e guiados polos alumnos de cada unha das especialidades do Obradoiro.   


Publicado en Emprego e Formación
Visto 1834 veces

Emprego e Formación

A tarxeta do paro volve renovarse cada tres meses

A tarxeta do paro volve renovarse cada tres meses

05-01-2021 / Emprego e Formación

Desde onte, os demandantes de emprego en Galicia terán que volver renovar as súas solicitudes cada tres meses. Ata o de agora, durante un período extraordinario froito da situación xerada pola pandemia, este trámite realizábase de maneira automática. Para iso, as 54 oficinas do Servizo Público de Emprego en Galicia impulsarán a renovación por medios non presenciais: vía web (sen necesidade...

Clausura do taller de emprego “ Hostaleria Rio Pequeno”

Clausura do taller de emprego “ Hostaleria Rio Pequeno”

17-12-2020 / Emprego e Formación

Os concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén finalizaron o segundo taller de emprego que organizan de forma conxunta e que leva o nome do pequeno río co que limitan...

Suspensión da feira do 13 e 26 de novembro

Suspensión da feira do 13 e 26 de novembro

10-11-2020 / Emprego e Formación

 O Concello de Soutomaior decidiu suspender a feira prevista para os días 13 e 26 do presente mes de novembro na Alameda de Talo Río. Tomouse a decisión a pesar dos...

Comprar en Soutomaior – Plataforma dixital

18-05-2020 / Emprego e Formación

Desde o Concello de Soutomaior facilítase a incorporación dos comercios locais á plataforma dixital “Comprar en Galicia”. Comprar en Soutomaior nace como un directorio do comercio local do Concello de Soutomaior...

Comedor social – Taller de emprego “ rio Pequeno”

29-01-2020 / Emprego e Formación

O taller de emprego “ rio Pequeno”, organizado conxuntamente polos Concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén, iniciou unha das actividades que esta iniciativa impulsa en beneficio dos veciños destes...

Soutomaior e Pazos de Borbén inauguran o seu taller de emprego “ Rio Pequeno”

20-12-2019 / Emprego e Formación

 A Escola Obradoiro de Alxán acolleu a presentación do novo taller de emprego organizado polos Concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén. O acto contou coa participación dos alcaldes de ambos...

Curso de turismo mariñeiro, 13, 14 e 15 de febreiro - Arcade

11-02-2019 / Emprego e Formación

O GALP Ría de Vigo - A Guarda está organizando un curso de 10 horas de duración, repartidas en tres días, sobre turismo mariñeiro, para persoas do sector pesqueiro, marisqueiro...

Obradoiro de hostalería “Rio Pequeno”

22-11-2018 / Emprego e Formación

Os alcaldes de Soutomaior e Pazos de Borbén achegáronse onte a dar a benvida aos 20 alumnos do Obradoiro de hostalería “Rio Pequeno”, que organizan conxuntamente ambos os Concellos. O...