Martes, 04 Abril 2017 09:37

Lanzadeiras de Emprego 2017

Lanzadeiras de Emprego 2017

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, xunto coa Fundación Santa María la Real e a Fundación Telefónica, co cofinanciamento do Fondo Social Europeo, pon en marcha unha nova edición do programa Lanzadeiras de Emprego, nos Concellos daCoruña, Carballo, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra e Lalín, que permitirá mellorar a empregabilidade das persoas que están en paro e na busca dun novo emprego.

En que consiste este programa?

Cada lanzadeira servirá para ADESTRAR a un equipo de 20 persoas desempregadas (15 mozos menores de 35 anos e cinco persoas de maior idade, ata os 59 anos) para realizar unha NOVA PROCURA DE TRABALLO, acorde ao mercado laboral actual.

Xa non estarás só/a na procura de traballo. Contarás coa axuda dun/ha técnico/a durante os cinco meses que dura o programa. Contigo estarán tamén outras persoas desempregadas, que vos axudaredes mutuamente a buscar traballo.

Que actividades farás na lanzadeira?

  • Aprenderás a actualizar o teu currículo e adestrarás procesos de selección reais,con simulacións de entrevistas de traballo.
  • Coñecerás novas técnicas de comunicación e marca persoal,para saber presentarte mellor a un posto de traballo.
  • Reforzarás a procura de emprego na internet, en portais de emprego e redes sociais, con obradoiros para manexalas correctamente.
  • Todos xuntos faredes un rastrexo de empresas da contorna e visitarédelas para darvos a coñecer como profesionais.

Características das lanzadeiras

  • A participación é VOLUNTARIA e as actuacións son TOTALMENTE GRATUÍTAS, polo que TAMPOUCO darán lugar a COMPENSACIÓNS ECONÓMICAS

Que resultados teñen as lanzadeiras de emprego?

  • Con este esquema funcionaron xa máis de 300 lanzadeiras por todo o país nos últimos tres anos. Nelas, o 50% das persoas participantes conseguiron un emprego por conta propia ou allea, ou retomaron os seus estudos.

Colectivos aos que se dirixe:

  • Homes e mulleres, entre 18 e 59 anos, inscrit@s como demandantes de emprego, desempregad@s, con perfís diferentes, dende estudos básicos ata titulados universitarios. Non é necesario ter experiencia laboral. O detalle específico das condicións destas lanzadeiras especifícanse máis abaixo

Duración da lanzadeira: 5 meses, comezarán o 10 de maio e finalizarán o13 de outubro. Do 14 ao 18 de agosto haberá un descanso.

Lugar de inscrición: Preferiblemente na páxina web: http://lanzaderasdeempleo.es/formulario-de-inscripcion

Tamén poden informarse, solicitar e entregar impresos de inscrición:

  • Nas oficinas de emprego
  • A través dos axentes de emprego e desenvolvemento local

Prazo de inscrición: Ata o 20 de abril de 2017.

Selección de participantes: En cada localidade na que se vai desenvolver a lanzadeira, haberá unha persoa que actúe como coordinadora da lanzadeira, quen fará unha selección de 20 persoas, entre os solicitantes, previa entrevista.


Publicado en Emprego e Formación
Visto 2067 veces

Emprego e Formación

A tarxeta do paro volve renovarse cada tres meses

A tarxeta do paro volve renovarse cada tres meses

05-01-2021 / Emprego e Formación

Desde onte, os demandantes de emprego en Galicia terán que volver renovar as súas solicitudes cada tres meses. Ata o de agora, durante un período extraordinario froito da situación xerada pola pandemia, este trámite realizábase de maneira automática. Para iso, as 54 oficinas do Servizo Público de Emprego en Galicia impulsarán a renovación por medios non presenciais: vía web (sen necesidade...

Clausura do taller de emprego “ Hostaleria Rio Pequeno”

Clausura do taller de emprego “ Hostaleria Rio Pequeno”

17-12-2020 / Emprego e Formación

Os concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén finalizaron o segundo taller de emprego que organizan de forma conxunta e que leva o nome do pequeno río co que limitan...

Suspensión da feira do 13 e 26 de novembro

Suspensión da feira do 13 e 26 de novembro

10-11-2020 / Emprego e Formación

 O Concello de Soutomaior decidiu suspender a feira prevista para os días 13 e 26 do presente mes de novembro na Alameda de Talo Río. Tomouse a decisión a pesar dos...

Comprar en Soutomaior – Plataforma dixital

18-05-2020 / Emprego e Formación

Desde o Concello de Soutomaior facilítase a incorporación dos comercios locais á plataforma dixital “Comprar en Galicia”. Comprar en Soutomaior nace como un directorio do comercio local do Concello de Soutomaior...

Comedor social – Taller de emprego “ rio Pequeno”

29-01-2020 / Emprego e Formación

O taller de emprego “ rio Pequeno”, organizado conxuntamente polos Concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén, iniciou unha das actividades que esta iniciativa impulsa en beneficio dos veciños destes...

Soutomaior e Pazos de Borbén inauguran o seu taller de emprego “ Rio Pequeno”

20-12-2019 / Emprego e Formación

 A Escola Obradoiro de Alxán acolleu a presentación do novo taller de emprego organizado polos Concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén. O acto contou coa participación dos alcaldes de ambos...

Curso de turismo mariñeiro, 13, 14 e 15 de febreiro - Arcade

11-02-2019 / Emprego e Formación

O GALP Ría de Vigo - A Guarda está organizando un curso de 10 horas de duración, repartidas en tres días, sobre turismo mariñeiro, para persoas do sector pesqueiro, marisqueiro...

Obradoiro de hostalería “Rio Pequeno”

22-11-2018 / Emprego e Formación

Os alcaldes de Soutomaior e Pazos de Borbén achegáronse onte a dar a benvida aos 20 alumnos do Obradoiro de hostalería “Rio Pequeno”, que organizan conxuntamente ambos os Concellos. O...