Emprego e Formación
Emprego +
O Concello de Soutomaior acaba de convocar dous novos cursos de formación para desempregados que se desenvolverán nos dous centros homologados cos que conta o municipio. Cada ciclo conta cun aforamento máximo de 15 prazas e están destinados principalmente a poboación desocupada. Ambos os ciclos son totalmente gratuítos e, ademais de proporcionar un certificado de profesionalidade de nivel 2, levan asociados unha serie de axudas para o seu desenvolvemento que cada participante deberá solicitar a través do Concello de Soutomaior.
O primeiro dos ciclos tratará sobre Atención Socio sanitaria a persoas no domicilio. Terá lugar no taller Luís Seoane de Alxán e ten cunha carga lectiva de 618 horas, das cales 120 serán totalmente prácticas.
O segundo curso, que levará a cabo no Multiusos de Arcade, versará sobre Actividades de Xestión e abarcará 898 horas lectivas que compoñen o curso, das cales 80 serán prácticas.
A pesar de ser cursos dirixidos principalmente á poboación desempregada, é importante sinalar que de non cubrirse as vacantes ofertadas existe a posibilidade de que o 25% destas prazas poidan ocuparse por aqueles interesados que estean a traballar actualmente e poidan compatibilizar horarios. Estas persoas deberán dirixirse ás oficinas da Casa do Concello de Soutomaior para realizar a súa inscrición e achegar a documentación necesaria.
Os interesados en participar deberán inscribirse na oficina de emprego de Redondela e para máis información pódese consultar nas oficinas do Concello de Soutomaior ou ben a través dos números de teléfono 986 705 106 ou 986 705 114,
Emprego e Formación
05-01-2021 / Emprego e Formación
Desde onte, os demandantes de emprego en Galicia terán que volver renovar as súas solicitudes cada tres meses. Ata o de agora, durante un período extraordinario froito da situación xerada pola pandemia, este trámite realizábase de maneira automática. Para iso, as 54 oficinas do Servizo Público de Emprego en Galicia impulsarán a renovación por medios non presenciais: vía web (sen necesidade...
17-12-2020 / Emprego e Formación
Os concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén finalizaron o segundo taller de emprego que organizan de forma conxunta e que leva o nome do pequeno río co que limitan...
10-11-2020 / Emprego e Formación
O Concello de Soutomaior decidiu suspender a feira prevista para os días 13 e 26 do presente mes de novembro na Alameda de Talo Río. Tomouse a decisión a pesar dos...
18-05-2020 / Emprego e Formación
Desde o Concello de Soutomaior facilítase a incorporación dos comercios locais á plataforma dixital “Comprar en Galicia”. Comprar en Soutomaior nace como un directorio do comercio local do Concello de Soutomaior...
29-01-2020 / Emprego e Formación
O taller de emprego “ rio Pequeno”, organizado conxuntamente polos Concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén, iniciou unha das actividades que esta iniciativa impulsa en beneficio dos veciños destes...
20-12-2019 / Emprego e Formación
A Escola Obradoiro de Alxán acolleu a presentación do novo taller de emprego organizado polos Concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén. O acto contou coa participación dos alcaldes de ambos...
11-02-2019 / Emprego e Formación
O GALP Ría de Vigo - A Guarda está organizando un curso de 10 horas de duración, repartidas en tres días, sobre turismo mariñeiro, para persoas do sector pesqueiro, marisqueiro...
22-11-2018 / Emprego e Formación
Os alcaldes de Soutomaior e Pazos de Borbén achegáronse onte a dar a benvida aos 20 alumnos do Obradoiro de hostalería “Rio Pequeno”, que organizan conxuntamente ambos os Concellos. O...
Emprego +