fbpx
Imprimir esta página
Miércoles, 12 Enero 2022 13:24

2x1 Carné xove + carné de alberguista

2x1 Carné xove + carné de alberguista

Coa activación do Carné xove agora tamén poderás obter directamente o carné de alberguista se tes a partir de 14 anos de idade. Desde o ano pasado o carné xove é de balde e xa non é preciso renovalo cada dous anos. Vai dirixido a mozos e mozas de 12 a 29 anos ambos incluídos e ten unha morea de vantaxes con descontos en actividades, servizos, tendas, transporte, actividades culturais, etc. Todas aquelas persoas que teñan entre 14 e 29 anos cando o activen poderán solicitar tamén o "carné de alberguista virtual" simplemente indicándoo no punto de activación do carné xove ao que acudan, sen gastos e sen ningún trámite a maiores.

O Carné de Alberguista é o instrumento de afiliación á Rede Española de Albergues Xuvenís ( REAJ). Ten validez internacional, por tanto poderás usalo en todo o mundo. Con el terás acceso a: Máis de 4.000 albergues en máis de 90 países de todo o mundo Miles de descontos nacionais e internacionais (transporte, lecer, restaurantes, museos…)

O Carné de Alberguista é un requisito imprescindible para acceder a calquera albergue REAJ.Poderás levar o teu carné de alberguista sempre contigo no móbil ou imprimilo se queres. É un carné dixital, por tanto non recibirás ningunha tarxeta física, senón un correo electrónico ao teu email tras activar o teu carné xove. 

Poderás obtelos na OMIX de Soutomaior pois somos centro autorizado pola Xunta de Galicia para a activación de carné xove. Pide cita na OMIX no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou ben por whatsAPP 638822868


Publicado en Mocidade
Visto 704 veces