fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 03 Decembro 2018 13:58

25N //IMPARABLES//

25N //IMPARABLES//

Vivir é o único soño que sucede se o podes compartir”

E co compartir das mulleres no mural colectivo do “25 N. IMPARABLES” no Centro de Información da Muller en Arcade , estamos un pouco máis preto de que o cambio, que nos parece un soño, suceda.

Eramos mulleres de distintas idades, moitas podiamos ser nais outras podiamos ser fillas, outras netas e avoas e todas compartimos estreitamente, pinceis, cores, formas e palabras nun mural cheo de nós.

Chegamos ata alí por días inventando e desexos de contalo.

Tivemos a fortuna de que a organización do evento o fixese posible, hai moito traballo detrás.

Agora todo parece que aparece e case é sinxelo facerse oír, pero cantas choramos, como pouco, polos malos tratos, na casa, en institucións, entre os que nos din que nos queren, confundidas e silenciadas cheas de impotencia e dor.

E aínda que eramos 19 pareciamos máis, porque a nosa mensaxe, o noso mural ampliaba a voz das sen voz, e encheu de mensaxes de esperanza un chan fértil para o cambio.

Sentímonos implicadas,  sentimos imparables.

E imparable é este motor de vida que son os soños compartidos de ser libres, consideradas e recoñecidas, sen necesidade de defensas e corazas.

Neste espazo protexido expresamos xuntas a certeza de que somos nós as que o imos a lograr.


Publicado en 25N (Igualdade)
Visto 1056 veces