fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 04 Febreiro 2019 13:57

Proxecto X(E)énero versos - Graffiti contra a Violencia de Xénero

Proxecto X(E)énero versos - Graffiti contra a Violencia de Xénero

Sensibilizados pola necesidade de acometer programas específicos de igualdade entre homes e mulleres promove o PROXECTO X(E)ÉNERO VERSOS - GRAFFTI CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO dirixido ao alumnado de 3º da ESO do CPR Santiago Apóstol e alumnado de 3º da ESO do IES Soutomaior coa participación de aproximadamente 120 mozos e mozas.

O programa baséase no convencemento da utilización da música e da arte como canle comunicativa axeitada aos adolescentes. Traballar con estas técnicas con este estilo de música é a mellor forma de motivar e estimular ao alumnado. A parte de elaboración do RAP consta de tres fases e en cada unha hai catro sesións presenciais durante o horario escolar que serán guiadas por: Aida Alonso Iglesias (Aid), Camilo Blanco Pampi e Rubén González Barciela. Esta fase que xa deu comezo o luns 21 de xaneiro terá como resultado final varios temas de rap con letras escritas polo alumnado.

A fase de graffiti comezará o 26 de febreiro e constará de dúas sesións nas que se traballarán contidos como a historia do graffiti e as súas diferentes representacións artísticas e se comezará cos esbozos das esceas que darán lugar a unha intervención práctica nun muro o venres 8 de marzo de 2019, data na que tamén se poderán escoitar os rap elaborados durante estes meses e cuxas letras reivindicarán a igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero.


Publicado en Igualdade
Visto 1016 veces