fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 27 Mai 2019 12:58

Charla coloquio “Fagamo Orgullo”

Charla coloquio “Fagamo Orgullo”

Dende a Concellería de Igualdade do Concello de Soutomaior e baixo o lema”Fagamos Orgullo” realizaremos unha charla coloquio sobre a diversidade sexual, o día 7 de Xuño  as 18h. na Biblioteca Municipal, sita na rúa Illas Alvedosas nº 3, Arcade. 

Nesta charla participarán: Eva Mejuto,  docente no máster “”Libro Ilustrado e Animación Audiovisual””da Universidade de Vigo e rematou a súa tese de doutoramento sobre o realismo social no álbum ilustrado. É autora de diversas adaptacións de álbums ilustrados, traducidas a máis de dez idiomas. A novela "22 segundos “ é a narrativa que nos vai a presentar. Iria Misa, licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo e profesora de ensino secundario,  preséntanos o seu libro"Mamá, quero ser Ziggy Stardust" , finalista do Premio Agustín Fernández Paz e Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade. Cristina Palacios, presidenta da asociación ARELAS desde 2015, Traballadora  Social e docente. Unha das  impulsoras de la Lei de Identidade  de Xénero de Galicia. Co-organizadora das  I y II Xornadas sobre Diversidade Sexual desde a  Educación na Facultade  de Ciencias da Educación da USC. 

No coloquio poderan participar todas as  persoas presentes na biblioteca para resolver calquera dúbida ou inquedanza que teñan ou plantexar o seu punto de vista. Dende a Concellería de Igualdade animamos a participar a toda a ciudadanía nesta actividade de promoción do respecto a diversidade sexual.

 


Visto 872 veces