fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 11 Outubro 2019 14:15

Mesa de coordinación para a atención das vítimas de violencia de xénero.

Mesa de coordinación para a atención  das vítimas de violencia de xénero.

O Concello de Soutomaior continua coa súa loita contra a violencia machista, para iso organizou a súa sétima mesa de coordinación para a atención integral das vítimas de violencia de xénero. Unha cita interinstitucional que integra o ámbito educativo, sanitario, aos servizos sociais e aos corpos de seguridade para crear redes de traballo e sistemas de coordinación que axilicen e melloren a resposta fronte a esta secuela.

A mesa contou coa participación da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López, os alcaldes de Soutomaior e Pazos de Borbén, Agustín Reguera e Andrés Iglesias, a edil de igualdade, Cristina González, a xefa da unidade que combate a violencia contra a muller, Manuela Vilaboi, técnicos de igualdade de Soutomaior, Vilaboa e Pazos de Borbén, así como os representantes da Garda Civil de Moaña, Fornelos de Montes e Soutomaior.

O grupo de coordinación ten como obxectivo principal o perfeccionar esta ferramenta operativa na que están representados todos os ámbitos municipais para que tanto os roteiros establecidos para a axuda ás vítimas, como todos os servizos e atencións ofrecidas no centro, sexan o máis efectivas e temperás posibles. Tanto en Soutomaior, desde onde se ofrece o servizo do Centro de Información á Muller, como en Vilaboa e Pazos de Borbén, municipios que se acollen ao servizo prestado por este centro. Para iso, parte de cita centrouse na revisión dos sistemas de actuación #ante unha vítima de malos tratos a través das demandas detectadas polas técnicas durante o seu traballo diario.

Presentación da quenda de garda psicolóxica para vítimas.

Unha das principais novidades da mesa de coordinación foi a presentación do protocolo de activación da quenda de garda psicolóxica para a atención ás mulleres que sufriron episodios de violencia machista. Unha iniciativa posta en marcha pola Xunta de Galicia e que permitirá ás vítimas acceder a unha atención personalizada e profesional desde o momento da presentación da denuncia.

O servizo de garda poderá ser activado polas forzas e corpos de seguridade de Galicia, ou ben polos xulgados con competencias en materia de violencia de xénero. O procedemento comezará cunha chamada ao Teléfono de Información ás Mujeres (900-400-273), que se poñerá en contacto co profesional de garda para garantir a súa presenza inmediata.


Publicado en Igualdade
Visto 749 veces