fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 08 Novembro 2019 10:11

Programa educación afectivo-sexual nos centros escolares

Programa educación afectivo-sexual nos centros escolares

O Concello de Soutomaior iniciou o seu novo programa de educación afectivo-sexual. Unha iniciativa titulada “Ímolaghozar” coa que desde a Concellería de Igualdade quérese fomentar unha correcta educación sexual nos centros de ensino do municipio. O proxecto está dirixido a todos os alumnos desde 4º de primaria a 1º de bacharelato e terá unha duración dun mes.

O principal obxectivo é o inculcar aos novos valores de respecto, igualdade e diversidade dentro das súas relacións afectivas e sexuais. Para iso, desde hoxe ata o 22 de novembro, os mozos realizarán diversas actividades nas que practicarán con roles de xénero, detección de condutas de abuso e agresión sexual… Ademais, abordarán conceptos como a sexualidade ao longo do ciclo vital dunha persoa, a igualdade e a equidade, os diversos mitos e crenzas sobre o sexo…

En total, o programa realizará case 60 horas de actividades nos tres centros que participan nel. O IES Soutomaior, o CEIP Padín Truiteiro e a CPR Santiago Apóstol.

 Todas as sesións están guiadas por psicólogos especializados apoiados polos titores dos alumnos para facilitar o contacto cos mozos e potenciar a experiencia.

Ao finalizar, os alumnos realizarán a súa propia guía “Ímolaghozar”, na que recollerán todas as súas reflexións, experiencias e achegas para apoiar e mellorar o desenvolvemento de posteriores edicións do programa. Unha vez realizada, a guía poñerase ao dispor da comunidade educativa para a súa utilización nas actividades habituais dos centros.


Visto 886 veces