fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 12 Novembro 2019 13:24

Exposición "Rompe. Xoga en igualdade"

Exposición "Rompe. Xoga en igualdade"

Do 14 de Novembro ao 11 de decembro – Multiusos de Arcade

Horario de luns a venres de 10 a 14 h. Martes e Xoves de 16 a 20 h.

Inauguraciñon da exposición o xoves 14 de novembro ás 12,00 h

Con esta proposta queremos reivindicar a igualdade entre homes e mulleres e a concienciación social visualizando a posición de asimetría e discriminación da muller nas distintas sociedades, xerme da violencia machista. Trátase dunha exposición de poesía visual na que o obxecto fala por si mesmo precisando apenas un texto explicativo. As bonecas elixidas para o proxecto interviñéronse para amosar situacións de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e a formación de nenas e nenos así como na transmisión de valores. 

As bonecas expostas transmiten valores sexistas que se reproducen nos xogos, dirixindo en gran medida as condutas das nenas e dos nenos.

Mostralas intervidas como mulleres obxecto e representando a realidade da desigualdade das mulleres na sociedade entendemos que resulta didáctico, esclarecedor e reivindicativo.


Visto 952 veces