fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 11 Febreiro 2020 10:04

Exposición sobre as mulleres científicas de Galicia

Exposición sobre as mulleres científicas de Galicia

Coincidindo co día internacional da nena na ciencia, o Concello de Soutomaior, a través da súa concellería de Igualdade, organiza a exposición “Premios María Josefa Wonenburguer Planells”. Unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia coa que se pretende recoñecer o papel das mulleres na ciencia.

A mostra poderase visitar de maneira totalmente gratuíta desde mañá ata o próximo 26 de febreiro no horario habitual do Multiusos de Arcade. A mostra recolle a través de 13 paneis as contribucións feitas á ciencia e a tecnoloxía por mulleres galegas que foron galardoadas co premio María Josefa Wonengurguer Planells, un premio que a Xunta de Galicia outorga desde o ano 2007 a través da unidade de Muller e Ciencia.

O Premio leva o nome da investigadora e matemática galega María Josefa Wonenburger, unha auténtica pioneira e referente feminino internacional no ámbito das ciencias e que foi unha científica adiantada ao seu tempo. Recibiu unha das primeiras bolsas Fullbright coa que estudou na americana universidade de Yale. As súas investigacións centráronse na teoría de grupos e os algebras de Lie.


Visto 887 veces