fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 23 Marzo 2020 11:53

Coronavirus - Servizo de atención psicolóxica

Coronavirus - Servizo de atención psicolóxica

Desde o Concello de Soutomaior  activase o teléfono de atención psicolóxica telefónica os LUNS e MÉRCORES de 9:00 a 14:00 horas, no teléfono 986 70 12 27 para poder ofrecer una posible resposta ante  problemas derivados do confinamento en domicilios.

Lembramos  a activación do teléfono social  de voluntariado da Xunta de Galicia, 900 400 800, que complementa o xa existente para atención ás consultas  relacionadas co coronavirus, achegando atención psicolóxica especializada, conversa ou acompañamento para calquera que o precise.

Por outra banda, o Concello solicita a todos os cidadáns que sigan as instrucións e directrices determinadas tanto pola Xunta de Galicia como polo Goberno central. "É importante actuar con civismo, calma e tranquilidade ante esta situación”


Publicado en Servizos Sociais
Visto 939 veces