Xoves, 28 Mai 2020 10:19

Bono de aluguer para afectados polo COVID-19 no Concello

Bono de aluguer para afectados polo COVID-19 no Concello

Os Servizos Sociais do Concello de Soutomaior póñense ao dispor dos veciños do municipio para xestionar as súas solicitudes do novo bono de aluguer para afectados da Covid19 recentemente aprobado pola Xunta de Galicia.

A axuda financiará unha porcentaxe do custo da vivenda aos veciños que se atopen en ERTE, diminución de xornada laboral ou en situación de desemprego motivada pola alarma sanitaria e que iso lle supoña unha situación de vulnerabilidade económica.

O novo bono financiará aos beneficiarios unha porcentaxe do aluguer da súa vivenda durante seis meses, desde o pasado mes de abril ata decembro.

A solicitude desta axuda deberá realizarse, preferentemente, de maneira telemática, polo que, para facilitar o acceso dos veciños, os Servizos Sociais do Concello de Soutomaior xestionarán as solicitudes de forma presencial a través do rexistro municipal.


Publicado en Igualdade
Visto 471 veces


Concellería de Igualdade
CIM - Multiusos de Arcade

Visibilidade á loita contra a homofobia

03-07-2020 / Igualdade

 O Concello de Soutomaior uniuse esta pasada semana aos actos de conmemoración do Día do Orgullo LGTBI+ con diversas actuacións nos edificios municipais baixo o lema “Orgullo Soutomaior”. A principal é a creación de varios puntos para dar visibilidade á loita contra a homofobia e a instalación dun punto permanente de encontro e lectura na biblioteca municipal con literatura específica. Ademais...

Bono de aluguer para afectados polo COVID-19 no Concello

28-05-2020 / Igualdade

Os Servizos Sociais do Concello de Soutomaior póñense ao dispor dos veciños do municipio para xestionar as súas solicitudes do novo bono de aluguer para afectados da Covid19 recentemente aprobado pola Xunta de Galicia. A axuda financiará unha porcentaxe do custo da vivenda aos veciños que se atopen en ERTE, diminución de xornada laboral ou en situación de desemprego motivada pola...

Coronavirus - Servizo de atención psicolóxica

23-03-2020 / Igualdade

Desde o Concello de Soutomaior  activase o teléfono de atención psicolóxica telefónica os LUNS e MÉRCORES de 9:00 a 14:00 horas, no teléfono 986 70 12 27 para poder ofrecer una posible resposta ante  problemas derivados do confinamento en domicilios. Lembramos  a activación do teléfono social  de voluntariado da Xunta de Galicia, 900 400 800, que complementa o xa existente para...

Día Internacional da Muller – 8M

04-03-2020 / Igualdade

O Multiusos de Arcade acolle este domingo día 8 de marzo o primeiro dos actos programados para conmemorar o Día Internacional da Muller: homenaxe a Carmen “a Zoca”. A protagonista do mural pintado polo artista Yoseba Muruzabal na entrada de Arcade. O acto inclúe a proxección do documental “Fenómenos do Rural” no que o artista recolle varios dos seus traballos e...

Exposición sobre as mulleres científicas de Galicia

11-02-2020 / Igualdade

Coincidindo co día internacional da nena na ciencia, o Concello de Soutomaior, a través da súa concellería de Igualdade, organiza a exposición “Premios María Josefa Wonenburguer Planells”. Unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia coa que se pretende recoñecer o papel das mulleres na ciencia. A mostra poderase visitar de maneira totalmente gratuíta desde mañá ata...

Mural homenaxe ás mulleres do mar

22-01-2020 / Igualdade

A entrada de Arcade conta desde esta semana cunha nova homenaxe á figura das mulleres do mar, un mural de máis de 100 metros cadrados dedicado a unha veciña do municipio, “Carmen, a muller bivalvo”. A obra foi pintada polo artista Yoseba Muruzabal con motivo do Día Internacional da Muller Rural, celebrado recentemente pola Concellería de Igualdade do Concello de...