fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 08 Marzo 2021 12:13

8M, Día Internacional da Muller, baixo o lema “Mulleres Sabias”

8M, Día Internacional da Muller, baixo o lema “Mulleres Sabias”

O Concello de Soutomaior, a través da Concellaría de Igualdade, pon en marcha a campaña do 8M, Día Internacional da Muller, baixo o lema “Mulleres Sabias”.

Dando continuidade o traballo realizado no ano 2020, paralizado pola pandemia da COVID-19, no ano 2021,  a Concellería quere retomar a visibilización  das mulleres de mais idade , pondo en valor as oportunidades da experiencia  e dos coidados como epicentro da vida.

 Entre os actos para conmemorar o día, realizarase unha exposición do programa “Namórate de ti”, que se realizou ao longo do ano pasado, coa participación de mulleres da contorna maiores de 65 anos, froito de ese traballo xurdiu a exposición que se instalará na Alameda de Talo Río, en Arcade. A exposición poderá verse durante todo o mes de marzo na Alameda.

Realizase na rúa por dous motivos importantes, por unha banda como medida para cumprir cos protocolos sanitarios do Covid-19 e por outra banda para dar visibilidade as mulleres, mulleres valentes, que nos agasallan con anacos das súas vidas e aprendemos das súas traxectorias vitais.

Pola tarde, esta vez, no salón de actos do Multiusos de Arcade, tiñamos previsto a entrega dun álbum con todas as fotografías as participantes, que foron traballando ao longo do obradoiro, para que así teñan unha lembraza da súa participación na campaña municipal 8M 2021, este acto quedou posposto por motivo do Covid-19.

No IES  de Soutomaior trasladarase tamén outra exposición de “Mulleres sabias”,  que conta coas fotografías das participantes, acompañarase con pequenos obxectos propios de cada muller, que recorrerán os espazos do instituto. Aportarase unha GUIA didáctica, elaborada polo CIM,  os centros educativos de secundaria, para profundizar sobre a temática escollida: apoderamento, visibilización, concienciación sobre as mulleres de mais idade, posta en valor das oportunidades da idade e da experiencia vital como fonte de sabedoría,  e ruptura dos estereotipos de beleza impostos por unha sociedade patriarcal. O traballo realizado polo alumnado dos  Centros educativos de secundaria publicarase no Facebook do CIM  de Soutomaior , se así o estiman os centros.

Durante o mes de marzo tamén se iluminarán diferentes edificios municipais, co fin de visibilizar o 8M, e a continuidade do compromiso e traballo pola igualdade do Concello de Soutomaior.

Todas eles, mulleres anónimas, heroínas da vida cotiá, Constrúen o  noso 8 de marzo.


Publicado en 8M (Igualdade)
Visto 552 veces