fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 21 Mai 2021 10:17

Programa Soutomaior Concilia

Programa Soutomaior Concilia

Están abertas as incricións para o programa Soutomaior Concilia: Campamentos de verán.
Persoas destinatarias: Nenas e nenos entre 3 e 12 anos, con familias que necesiten conciliar durante o período non lectivo escolar.
Lugar: edificio Multiusos de Arcade

Quendas do campamentos:
1- 1ª Quenda do 23 ate o 30 xuño (ambos incluídos)
2- 2ª Quenda do 1 ate o 15 de Xullo (ambos incluídos)
3- 3ª Quenda do 19 ate o 30 de Xullo (ambos incluídos)

O horario do campamento é de 9:00 a 14:00h. existindo a posibilidade de entrar as 8:00h e recoller ás 15:00h.

As solicitantes deben escoller por orden de prioridade a quenda onde queren participar. no caso de quedar prazas dispoñibles nalguna das quendas, as familias solicitantes poderán repetir participación. Isto o poden realizar no apartado de observacións da folla de inscrición.

• Criterios para establecer a orde de selección das quendas.*
- Nai e pai traballando 5 ptos.
- Familias monoparentais/monomarentais 5 ptos.
- Nivel de renda da unidade familiar 5 ptos.
- Persoas empadroadas 5 ptos.
- Familias co unha persoas proxenitora traballando 3 ptos.
*A igualdade de puntos primarase a orde de inscrición rematada.

 

INSCRICIÓNS EN LIÑA:

https://gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina


 


Visto 1037 veces