fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 25 Outubro 2021 12:52

Participación do comercio na campaña do Ultravioleta 25N

Participación do comercio na campaña do Ultravioleta 25N

Desde o Concello de Soutomaior, a través do CIM (Centro de Información á Muller) poñemos en marcha a campaña “Ultravioleta” dando luz ás violencias invisibles, con motivo do 25N Día Internacional da Eliminación das Violencias Machistas. No ano 2000 a Asemblea Xeneral de Nacións Unidas adopta unha resolución que designa o 25 de novembro como o Dia Internacional da Eliminación da Violencia contra á Muller, instando ós organismos públicos, as entidades asociativas e a cidadanía para que se realicen actividades con fin de xerar unha conciencia social. Este ano, o comercio pode participar deste iniciativa colaborando coa difusión da campaña proposta.

Se tes un establecemento é estás interesada en participar e difundir a campaña do 25N, tes que poñerte en contacto co CIM a través do seguinte enlace:

https://docs.google.com/forms/d/19eCpY-qUuQcDyy3cRFPrUZKsb_r1vC1_-7z1TocVozI/edit

Unha vez teñamos a túa solicitude de participación, o CIM porase en contacto para facilitar o material da campaña. Esperamos que vos animedes a colaborar, entre todas e todos podemos xerar conciencia social. A violencia contra as mulleres é unha das violacións dos dereitos humanos mais estendidas, persistentes e devastadoras do mundo actual sobre as que apenas se informa debido a impunidade que desfrutan os perpetradores e o silencio, a estigmatización e a vergoña que sofren as vítimas.

Participa!!


Publicado en 25N (Igualdade)
Visto 451 veces