fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 11 Novembro 2021 12:56

Andaina “O rural contra a violencia de xénero”

Andaina “O rural contra a violencia de xénero”

O GDR Pontevedra-Morrazo está a organizar dentro da campaña Rachemos coa Indiferenza e baixo o lema (común de todos os GDR de Galicia) "O RURAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO" unha andaina que se celebrará o VINDEIRO 13 DE NOVEMBRO co obxectivo de concienciar e loitar contra a violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e en colaboración coa AGADER e a Secretaría Xeral da Igualdade e a Axencia Turismo de Galicia.

A ruta, que terá unha lonxitude de 6 kilómetros e percorrerá un tramo do Camiño de Santiago Portugués, partirá ás 11 horas da Capela de Santa Marta de Bértola (Vilaboa) e rematará na sede do GDR Pontevedra-Morrazo en Mourente (Pontevedra).

Os escolares que desexen participar deben de ser de 3º ESO en diante.

Haberá avituallamiento e algo máis…..

Únete á Andaina "O RURAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO" e forma parte da loita.

#RACHEMOSCOAINDIFERENZA

Para participar é necesario enviar a folla de inscrición cumprimentada ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 


 


Publicado en 25N (Igualdade)
Visto 694 veces