fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 04 Febreiro 2022 13:13

Presentación da publicación do IV PIOM da Concellería de Igualdade

Presentación da publicación do IV PIOM da Concellería de Igualdade

O Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Igualdade e o CIM (Centro de Información á Muller) desenvolveu ao longo do ano pasado diversas actividades que se enmarcan dentro das diferentes áreas do IV PIOM (Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes)  2021-2025.

No eixo da promoción da igualdade no Concello publicouse o IV PIOM,  así como que se elaborou unha guía de conciliación e outra guía de linguaxe non sexista.

Con este IV PIOM , renova e fortalece o seu compromiso e implicación na construción dunha sociedade máis igualitaria e respectuosa coa diversidade, xusta e equitativa , e máis sustentable, en definitiva unha sociedade máis saudable e satisfeita de habitar o seu territorio

O  Centro de Información á Muller municipal do Concello de Soutomaior,  contou neste ano 2021 coa  apertura  dun total de 188 novos expedientes. Realizáronse un total de 137 consultas xurídicas, 272 consultas psicolóxicas , 11 atencións a mulleres vítimas de violencia de xénero e 76 consultas sobre información de cursos, xornadas ou recursos.


Publicado en Igualdade
Visto 487 veces