fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 21 Marzo 2022 14:20

Inscríbete xa no 'ESPAZO CONCILIA', o campamento de Semana Santa do Concello de Soutomaior

Inscríbete xa no 'ESPAZO CONCILIA', o campamento de Semana Santa do Concello de Soutomaior

Hoxe empeza o prazo de inscrición no programa ESPAZO CONCILIA, un plan que o Concello pon en marcha a través da Concellería de Igualdade para ofrecer unha alternativa de conciliación ás familias durante as vacacións escolares.
O programa, que vai dirixido a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos, terá lugar durante os días 11,12,13 e 18 de abril de 9.00 a 14.00 horas, aínda que os pais terán a posibilidade de deixar aos cativos ás 8.00 e recollelos ás 15.00 horas.
 Máis aló de favorecer a conciliación familiar, o plan busca ofrecer unha alternativa de lecer aos nenos do concello, mediante actividades lúdicas monitoradas por profesionais. En total, serán 50 os nenos que poderán gozar dunha praza do ESPAZO CONCILIA.
Unha vez rematado ou prazo de inscrición o dia 1 de abril, o CIM comunicará ás familias as crianzas admitidas.
Terán prioridade as familias nas que ambos os titores estean a traballar; as familias monomarentais; e as familias con ingresos baixos.

Inscríbete a través desta ligazón ou nas oficinas do CIM os luns e mércores de 9.00 a 14.00 horas.


Visto 564 veces