fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 28 Marzo 2022 10:12

O Concello pon o foco na atención psicolóxica dos mozos co Programa Tránsitos

O Concello pon o foco na atención psicolóxica dos mozos co Programa Tránsitos

O pasado venres, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera,  e a concelleira de Igualdade, Cristina González, achegáronse ao Multiúsos para presentar o Programa Tránsitos, unha iniciativa que busca reforzar a atención psicolóxica dos e das adolescentes do Concello.
O programa, que parte dunha  iniciativa do CIM, que xa prestaba este tipo de servizos, xorde pola necesidade de aportar solucións aos crecentes problemas de saúde mental que enfrontan as novas xeracións. Xustamente pensando no público máis novo, os e as participantes neste programa poderán acudir ás sesións cunha psicóloga especializada fora dos horarios lectivos, de forma a que o seu tratamento non interfira nas súas obrigas escolares. 
Así, o Programa Tránsitos conta con tres obxectivos principais: 
 
1.Dar resposta as necesidades detectadas polos centros educativos e postas en común na mesa de coordinación local  contra a violencia de xénero axudando ó alumnado , profesorado e familias a mellorar a súa competencia social  e súa saúde baixo a perspectiva de xénero.
2.Mellorar a saúde integral da poboación adolescente e as súas familias desde unha perspectiva de xénero e a promoción de condutas igualitarias e non discriminatorias.
3.Reconectar a poboación moza do Concello co pracer e rachar co tabú da saúde mental na mocidade 
 
Pola súa banda, a responsable do CIM, Cristina García, lembrou que, pese a ser unha iniciativa do CIM, este servizo estará dispoñible para mozos e mozas que o precisen, xa que a perspectiva de xénero é algo aplicable a calquera tipo de actividade.
O Programa desenvolverase nas dependencias do CIM de Soutomaior, no Multiúsos de Arcade , previa solicitude de cita previa no teléfono 98670127, tendo preferencia as usuarias/os derivados polos departamentos de orientación dos centros escolares do Concello.
 
Esta acción foi cofinanciada pola Deputación de Pontevedra cunha subvención por importe de 6.000 euros.

Publicado en Igualdade
Visto 533 veces