fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 11 Mai 2022 09:32

Arcade estrea un novo espazo e aproveita para mostrar o seu apoio á comunidade LGTBI

Arcade estrea un novo espazo e aproveita para mostrar o seu apoio á comunidade LGTBI

Arcade estrea o vindeiro venres día 20 un novo espazo polo que pasear e gozar dun tempo de lecer ao aire libre. Trátase dun paseo situado nunha marxe da Avenida Castelao, á beira do Restaurante  Romasa e que ata o momento estaba a ser inutilizado. Este novo espazo estará decorado e acondicionado para que todas as familias poidan incluílo nos seus paseos diarios. Onte, a concelleira de Igualdade e Servizos Sociais, Cristina González, e o alcalde, Agustín Reguera, achegáronse ata o lugar para comprobar o avance dos traballos de adorno e adecuación. 

Ademais, a inauguración deste paseo, que se bautizou como ‘Paseo dá  diversidade’ coincidirá coa celebración, este luns, do Día Internacional contra a Homofobia, a  Transfobia e a  Bifobia. Trátase dunha aposta do  Concello de  Soutomaior que quere posicionarse claramente en contra de calquera tipo de discriminación.

Con motivo da inauguración deste espazo, o  Concello organizou unha serie de actividades no propio paseo. Todo empezará ás 18.00 horas. A agrupación  Barafunda encargarase de animar aos veciños que acudan  a este evento.

Ás 18.15 horas, arrincará unha sesión de contacontos baixo o título ‘Soñando Inventei’, que promete entusiasmar aos máis pequenos. Para acabar, o grupo ‘2 Tipos’ formado por Edgar Cordo e  Xoél González, ofrecerá un concerto co que se espera cativar ao público xuvenil e adulto.

Cabe destacar que durante toda a xornada celebrarase un  obradoiro de estampado de camisetas.

 

Esta acción foi financiada polo Ministerio de Igualdade a través da asignación de fondos do pacto de estado sobre violencia de xénero ao Concello de Soutomaior.


Visto 606 veces