fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 13 Mai 2022 14:13

Volve a 'Xuntanza das mulleres': Este ano, turismo por Ourense, balneario e comida para confraternizar

Volve a 'Xuntanza das mulleres': Este ano, turismo por Ourense, balneario e comida para confraternizar

O próximo 4 de xuño, as mulleres de Soutomaior poderán gozar dunha excursión relaxante e divertida coa que escapar durante toda unha xornada da rutina.

Trátase dunha visita na que as participantes poderán gozar do coñecido balneario Arnoia  Caldaria. Despois, todas as asistentes compartirán unha comida en Ourense para posteriormente ocupar a tarde paseando pola cidade.

Esta  Xuntanza de Mulleres, que xa celebra a súa  XIII Edición, ten como obxectivo favorecer os momentos de lecer e desconexión entre as mulleres do  Concello, ademais de fortalecer os lazos entre veciñas, algo moi importante en momentos como os actuais, nos que a vida social da poboación viuse moi afectada.

A excursión dará inicio ás 8.30  h coa saída desde a para de autobuses escolar de Soutomaior e ás 9.00  h coa saída desde o Cruce de  Pierres.

As interesadas poden anotarse a través da pestana de inscricións de Gabinete Soutomaior ( t.ly/d-9X ), ou en persoa, na oficina do CIM no  Multiúsos. O prazo termina o día 30 deste mes e a excusión ten un prezo de 30 euros para empadroadas e 35 para non empadroadas.

 


Visto 705 veces